Xapón instala buzóns para bebés abandoados

O “berce da cegoña” (こうのとりの揺りかご), nome que lle deron ao dispositivo, ten forma de incubadora, e unha temperatura constante de 36 graos. Servirá para que as nais que non queiran, ou non podan, facerse cargo dos fillos recén nados, poidan deixalos con garantías de que serán debidamente atendidos.

O primeiro “buzón para bebés abandoados” de Xapón comezará a funcionar este mes nun hospital de Kumamoto, ao suroeste do pais. Cada vez que depositen un neno neste receptáculo, unha alarma avisará aos empregados do centro médico.

Segundo fontes sanitarias niponas, este controvertido sistema, que xa se empregou nalgúns hospitais alemáns, salvará a bebés que, doutra forma, serían deixados á súa sorte. Os pais que opten por esta solución e deixen aos fillos na incubadora non serán acusados de neglixencia, e ademáis, se cambian de parecer, poderán volver a recoller ao seu cativo.

[Fonte: diario Metro]

3 Respostas to “Xapón instala buzóns para bebés abandoados”


  1. 1 lois 2 Maio, 2007 en 3:53 pm

    A ver, se non se as acusa de nada, que necesidade hai de deixalos nun “buzón”? Non sería mellor deixalos en recepción?

  2. 2 Javier Ramalleira 2 Maio, 2007 en 4:00 pm

    Supoño que o factor de que no buzón “a entrega” seña anónima o fai máis sinxelo, polo menos socialmente menos embarazoso.

  3. 3 lois 2 Maio, 2007 en 9:09 pm

    pois hanse ter que ir correndo, polo da alarma que soa no hospital.


Deixa un comentario




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 18,792 (de momento...)
tracker

Posts "candentes"

a

Arquivo