Porcos, porcos e máis porcos…

Si, amigos, os porcos están de moda en Rama HAPPENS!! Gracias aos posts falando da nosa mascota Spider Cerdo, este blog está batindo records persoais. Dende que o trailer da película dos Simpson (que ainda non vin…arggg) se distribúa polas televisións españolas, o artigo Parón/Spider Cerdo leva unha media de 20 visitas diarias, elevando a media de visitas do blog, nesta etapa de relax veraniego na que apenas posteo, a unhas 25. É curioso que cando o blog está máis falto de atención e de calidade nos seus contidos, seña cando aumenten as visitas…

Pero ben, aparte desta reflexión que quixen compartir con vós, o verdadeiro motivo da miña euforia porcina é unha curiosa noticia que atopei fuchicando en Microsiervos: en Dinamarca, Samoa e Tuvalu hai máis porcos que persoas. Ademáis, a proporción en Dinamarca é esaxerada,tocan a máis de dous porcos por danés…
Sei que estes datos, como galegos que somos, un país de tradición porcina, non parecen moi reveladores… pero é que resulta que en todo o globo hai menos de 1000 millóns destas adorables criaturas!! Viven máis chinos en China, ou máis Hindús na India, que porquiños retozan en todo o noso planeta!

En fin, ídevos mentalizando, compañeiros de piso; o vindeiro ano hei de mercar un compañeiro de rabo enroscado, para aumentar a proporción.

E aproveito tamén para anunciar un novo parón, indefinido, porque para escribir catro tonterías non naceu este blog, e merécese moita máis calidade de contido da que o Rama de verán pode proporcionar…

1 Resposta to “Porcos, porcos e máis porcos…”


  1. 1 Javier Ramalleira 16 Agosto, 2007 at 6:30 pm

    The Simpsons Movie, vista

    Aceptable (6/10)

Leave a Reply




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 15,667 (de momento...)
tracker

Arquivo