Con 678.051 km², Texas é o maior dos 48 “estados contiguos” de USA (só o supera Alaska en extensión). Cunha poboación de máis de 23 millóns, tan só California está máis poboado. E hai máis datos que fan que Texas destaque entre os demáis…
- Foi unha república independente durante case unha década antes de unirse á Union en 1845. (O pequeno Vermont tamén foi independente algo máis dunha década, e California tamén, inda que tan só un mes).
- Os escolares texanos rinden unha homenaxe diaria á bandeira do estado, co saúdo: “Honor the Texas flag; I pledge allegiance to thee, Texas; One state under God; One and indivisible.”
- A primeira palabra pronunciada dende a Lúa, o 20 de xullo de 1969 foi Houston.
- O “King Ranch” en Texas é maior que todo o estado de Rhode Island.
- A cúpula do Capitolio Estatal de Texas, en Austin, é 7 pés máis alta cá de Washington D.C.
Non é de extrañar que o eslogan turístico do estado seña: “It’s like a whole other country“. Ou que a xente do “Lone Star State” presuman de que “Everything’s bigger in Texas.”
Pero aparentemente, non é o suficientemente grande, de acordo con esta postal de mediados dos 50. Unha Texas esaxerada ocupa toda a parte central dos US, deixando aos demáis estados encollidos e con nomes ridículos:
Washington: Wash Tin
Oregon: All Gone
California: uninhabitable
Idaho: Hi Ho
Utah: You Saw
Nevada: Never Add
Arizona: Arid Zone
New Mexico: New Mix (Hiccup)
Montana: Mount Annie
Colorado: Color Radio
Wyoming: Why Home In
North Dakota: North Colder
South Dakota: The Cold (South)
Nebraska: Knee Grass
Kansas: Can This
Oklahoma: Okay?
Minnesota: Mint Soda
Iowa : Out-A-Way
Missouri: Misery
Wisconsin: Wise Cousin
Illinois: Ill Noise
Michigan: Miss Again
Indiana: Indian Annie
Arkansas : Arch Insult
Ohio: Old High
Kentucky: Canned Turkey
Tennessee: Ten Seeds
Louisiana: Lousy Annie
Mississippi: Miss-Is-Yippi
Alabama: All Mammy
North Carolina: North Carol’s Line
South Carolina: South Carol’s Line
The New England states (xunto con New York, New Jersey, Philadelphia e parte de Canadá): “Damned Yankee” Land
West Virginia: West Gin
Maryland: Snafu
Georgia: Judgy
Florida: Swamp Land
Como nota aparte do artigo (de strange maps), gustaríame recalcar que estes días estou a ver a serie Carnivàle, na cal o Texas rural occidental ten bastante peso, como escenario para acontecementos clave na serie (que por suposto recomendo)


0 Respostas to “Todo é meirande en Texas”