
John Cazale non é un nome recoñecido, pero debería selo. Cando morreu, á prematura idade de 42 anos, tan só participara en cinco longametraxes:
- The Godfather (1972)
- The Conversation (1974)
- The Godfather: Part II (1974)
- Dog Day Afternoon (1975)
- The Deer Hunter (1978)
Que teñen en común? Todas elas foron nominadas ao Óscar á mellor película. Iso xa fai de Cazale un caso único na historia de Hollywood, pero inda non xogara o italoamericano tódalas súas bazas…
No 1990, 12 anos trala súa morte, Francis Ford Coppola empregou imaxes de arquivo para que “Fredo Corleone” (o persoaxe de Cazale na saga) aparecese na terceira entrega.
E The Godfather: Part 3 tamén foi nominada a mellor película.

0 Respostas to “Demasiado talento…”