O home que vendeu a torre Eiffel

Victor Lustig foi un home moi particular, e que pasou á historia, merecidamente, como o maior embaucador de tódolos tempos. Dotado dun carisma embriagante e cunha sonrisa compradora, Victor quedaría inmortalizado como o home que vendeu a torre Eiffel. Xa posuidor dun fondo historial como estafador, entre o que se conta ter vendido máquinas que imprimían cartos na súa xuventude, Lusting lanzouse a realizar un dos maiores enganos da historia cando en 1925, ao ler nun periódicos sobre os acuciantes problemas económicos que tiña a Cidade da Luz a causa dos gastos de mantemento do seu emblema. O noso home decidiu adoptar o falso persoaxe dun oficial do goberno, e enviou unha invitación de negocios a seis comerciantes da industria metalúrxica. Concertando unha reunión na propia torre, ata onde ofreceu aos posibles compradores transporte en luxosas limusinas e mediante elaborados discursos sobre os beneficios de comprar o monumento, Lustig arreglouse para facerlles entrar nunha puxa na cal chegarían a ofrecer unha gran cantidade de diñeiro. A subasta gañouna André Poisson, e nada máis cobrarse cun maletín repleto de billetes, Victor colleu un tren a Viena, onde viviu como un duque uns cantos anos.

Nembargantes, as aventuras de Lustig non rematan aquí, xa que un tempo despois, pretendeu facer entrar a Al Capone nun negocio inexistente, chegando a sacarlle 40 mil dólares. Tras manter durante dous meses os cartos nunha caixa de seguridade, Victor devolveullo ao seu “lexítimo” dono, cunha falsa nota de disculpas e o comentario e que o negocio fallara. Capone, sorprendido pola integridade deste bon home, envioulle 5 mil dólares, como agradecemento por non ter escapado cos cartos. Deste xeito, Lustig ficou cunha boa cantidade, e ademáis, gañouse o favor e amizade dun dos maiores xefes da mafia, e tan só por telo estafado…

Abusando da súa sorte, varios anos despois, foi atrapado nun dos seus negocios, e enviado á cadea de Alcatraz. De todas formas, amañouse para vivir como un rei dentro da prisión.

Artigo visto e traducido de Anfrix.

0 Respostas to “O home que vendeu a torre Eiffel”


  1. Non hai comentarios

Leave a Reply




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 15,667 (de momento...)
tracker

Arquivo