Vender o corpo…

 

Sóbravos un corpo e non sabedes que facer con el? Podedes vendelo, cotízase bastante ben. Só o voso esquelete xa vale entre 5.000 e 7.000 dólares, para o seu estudio médico. Pero se non vos queredes desfacer de todo, tan só a caveira xa vale uns 450 dólares.

Ben, e co demáis? Podedes empregalo para moitas cousas. Un corpo humán medio ten graxa dabondo para facer sete barras de xabón, ferro suficiente para un cravo de tamaño medio, o potasio necesario para poder disparar un cañón de xoguete, cal dabondo como para blanquear un pequeno curral, suficiente azucre como para encher un bote de mermelada, e o sulfuro necesario para desparasitar a un can.

Pra rematar, alguén que pesara uns 90 quilos en vida tería suficiente carne como para dar un banquete de cen comensales (pouco escrupulosos).

Visto en Neatorama

0 Respostas to “Vender o corpo…”



  1. Aínda non hai comentarios

Deixa un comentario




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 18,792 (de momento...)
tracker

Posts "candentes"

a

Arquivo