Mamihlapinatapai (algunhas veces escrita, por erro, como mamihlapinatapei) é unha palabra na lingua Yaghan, falada polos indíxenas de Tierra del Fuego, e aparece no libro Guinness dos Records como a “palabra máis sucinta”, máis precisa; e considérase tamén unha das máis difíciles de traducir. Úsase para describir unha mirada compartida por dúas persoas que desexan que o outro comece algo que ambos desexan, pero que ningún dos dous quere empezar. Unha traducción literal sería algo coma “Acabar ambos perdidos en qué facer respecto ao outro”.
Non sei qué dicirvos… a palabra será difícil de expresar, recoñezoo… pero eu creo que a sensación, a coñezo moi ben…
Visto e traducido (a duras penas) en Cynical-C.com

0 Respostas to “Mamihlapinatapai”