En novembro de 1988 o macaco Tião presentouse á alcaldía de Río de Janeiro baixo as siglas do Partido Bananista Brasileiro e obtivo máis de 400.000 votos. A idea de presentar a un mono como candidato surxíu dun grupo de humoristas que pretendía poñer en evidencia a falta de preparación do resto de aspirantes, pero a resposta popular superou tódalas expectativas.
Cun 9,5% do total dos votos, o Macaco Tião convertiuse no terceiro candidato máis votado da xornada, e nunha celebridade de por vida, ata o punto de que a cidade lle dedicou unha estatua trala súa morte. Por suposto, o Tribunal Electoral nunca recoñeceu a validez dos votos.
Pero non é o único caso: anos antes, en 1958, un rinoceronte chamado Cacareco presentouse ás eleccións de Sao Paulo e conseguiu gañalas holgadamente con máis de 100.000 votos. A iniciativa foi unha forma de protestar perante a corrupción dos demáis políticos, e dende aquela os votos protesta en Brasil siguen coñecéndose como votos cacarecos. Isto inspirou o Partido do Rinoceronte de Canadá cuxo simbólico líder tamén é un destes simpáticos animais.
Pero non só en Brasil se fan estas animaladas. En 1968, o Partido Internacional da Xuventude (coñecidos como os Yippies) intentou presentar, sen éxito, a un porco como candidato á presidencia dos EEUU. Non entendo como non arrasou nas votacións, cun candidato de nome tan sonoro como Pigasus.
E se esto se intentou facer nunhas eleccións xerais, imaxinádevos nas locais!! De feito, existen casos nos que o alcalde legal dunha poboación foi un non humano: sucedeu en diversas comunidades unincorporated como Rabbit Hash, Kentucky, onde o alcalde na actualidade é Junior Cochran, un labrador negro. En Sunol, California, foi Bosco, tamén un labrador negro… durante 10 anos!! Pero o meu caso favorito é o de Lajitas, Texas: toda unha saga familiar de cabras bebedoras de cerveza.
Fontes, e máis casos graciosos: Non-human elestoral candidates (Wikipedia); Zoon politikon; Votar a un chimpancé
[Nota mental: próximo geopost, sobre Unincorporated areas; total, ninguén os le, a pesar de que neles é onde poño os meus principais esforzos... sniff]


0 Respostas to “Agora entendo o de <i>Animal político</i>”