¿Por qué hay 204 delegacións competindo nestes Xogos Olímpicos?
Como todo o mundo sabe (si se molesta en buscalo), a ONU consta actualmente de 192 membros. A eses podemos engadir Estados que non son membros da ONU pero están prácticamente recoñecidos a nivel internacional:
- A Cidade do Vaticano, con recoñecemento internacional xeral, membro observador permanente da ONU pero non membro oficial.
- Kosovo, que se autoproclamou independente en febreiro deste mesmo ano, e que a pesar de non ser membro permanente da ONU, si é recoñecido por 45 Estados membros.
- A illa de Taiwan, cunha situación política realmente peliaguda, dada a oposición da República Popular China.
É dicir, que podemos soster con bos argumentos que oficialmente existen 195 Estados. Destes, hai 3 que non participan: Vaticano, que por razóns obvias nin se plantexa crear un comité olímpico; Kosovo, que non tivo tempo de organizar un comité olímpico nacional (unha independencia unilateral leva o seu tempo), e Brunei, que inda que ten comité olímpico e xa participou noutras edicións, finalmente non enviaron a ninguén a Beijing. De feito, o de Brunei é o único Cómite Olímpico que non presenta delegación a estes xogos.
O resto de Estados si participan, inda que algún tivo que pasar polo aro para que os chinos lle deixasen. E con esto temos 192 Estados independentes con participación nos xogos. Polo tanto, temos que o resto de delegacións olímpicas pertencen en realidade a territorios pertencentes a outros Estados, pero aos que se lles permite ter un Comité Olímpico propio, e competir nos Xogos, por diversos motivos, sobre todo históricos, ou xeográficos, máis que políticos:
- Samoa Americana, territorio de EEUU.
- Aruba, perteneciente a Holanda.
- Bermudas, territorio de Gran Bretaña.
- Islas Vírgenes Británicas, territorio de Gran Bretaña.
- Islas Caimán, territorio de Gran Bretaña.
- Islas Cook, autonomía asociada libremente a Nueva Zelanda.
- Guam, territorio de EEUU.
- Hong Kong, región especial administrada por China.
- Antillas Holandesas, territorio holandés.
- Palestina, territorio no reconocido todavía como país internacionalmente.
- Puerto Rico, estado libre asociado a EEUU.
- Islas Vírgenes Americanas, territorio de EEUU.


Moi traballada a anotación.
Non che deu moito que facer investigar todo isto?
Un saúdo
Bueno, algo de tempo me levou, pero atopei a lista de “delegacións-non-Estado” navegando (non me acordo onde), e entre eso e que era unha mañá de verán que chovía, pois curreime un pouco o resto… De todos modos, é un tema que me gusta, todo o relacionado coa xeografía. E dinme conta de que non é nada fácil responder a unha pregunta sinxela como: ¿Cantos países hai? ou ¿Cantos Estados hai? Porque… agora, Osetia do Sur, contaría, ou non contaría?
Un saúdo