They must find it difficult… Those who have taken authority as the truth, rather than truth as the authority.
Zeitgeist (traducido literalmente do alemán como o espírito do tempo) é unha palabra que denota o clima intelectual e cultural dunha era.
Con este título coñécese un documental escrito e dirixido por Peter Joseph, que veu a luz en xuño do 2007 coa pretensión de “inspirar á xente para que comece a mirar o mundo dende unha perspectiva máis crítica e escéptica, e entender que moi a míudo as cousas son diferentes do que pensa a maioría da poboación.”
A pesar desta loable pretensión, o documental cae en tódalos tópicos do xénero “levantar conspiracións”: ataca á relixión, á Reserva Federal americana, desmonta o mito do 11-S, viola a lei de Godwin en repetidas ocasións, contén referencias a JFK…
Sen embargo, vai máis aló, chegando a presentar un mundo futuro no cal só haxa un goberno e se controle a toda a poboación con chips (si, as referencias a Futurama son bastante claras), pretendendo así converterse na teoría conspiratoria definitiva. Só lle faltan algúns ovnis…
De todas formas, o documental en sí é bastante bo, os datos conspiratorios vanse introducindo pouco a pouco ata que se acaban creendo, e ademáis, proporciona bos temas de conversación para os botellóns.
Así que aqui vos deixo unha versión subtitulada en castelán, para que, si vos sobran 2 horas na vosa apretada axenda, lle botedes un ollo. De todas formas, está estructurada en tres capítulos (o primeiro para atacar ao cristianismo, o segundo para denunciar a conspiración do 9/11, e o terceiro para relacionar todo co Federal Reserve System dos Estados Unidos). Deste xeito, podedes ir vendoo comodamente por partes (como fixen eu).
Si queredes máis información, visitade a páxina oficial. Nela citan tódalas súas “fontes”.

Comentarios