Hoxe pola mañá vin este anuncio de Guinness en Youtube,dunhas xoguetonas mans. E despois, seguín vendo nos recomendados outro máis, sobre un ¿corte? de pelo. Logo, coñecín ao explorador Tom Crean, e explorando, cheguei ao mítico anuncio, que xa coñeceredes, sobre a evolución. Máis tarde topei cos seres máis graciosos do reino animal: os pingüíns. Obviando o anuncio do dominó na Arxentina, que xa coñecía, fun a dar cuns dirixidos por Jonathan Glazer: o Nadador, o Surfista, e o Soñador. Nese intre xa tiven que parar de ver anuncios… entroume unha sede tola!!
Nota mental: Que teñen en común os tucáns e as pintas de Guinness??
Para os non venezolanos, non é fake nin parodia dun programa de humor; é un narrador da canle TVes, Willy Oviedo, famoso por aqueles lares por meteduras coma esta.
Parece ser que o gran físico Niels Bohr tiña unha ferradura colgando na porta da súa casa. Cando alguén lle preguntou si cria realmente que as ferraduras traían sorte, contestou:
-Non, pero dixéronme que daban sorte mesmo aos que non crían nelas.
Galileo Galilei era un home de ciencia (bueno, como todos os renacentistas, él dáballe a todo: astronomía, filosofía, matemáticas, física, música, literatura, pintura…). Viviu na Italia dos séculos XVI e XVII, e a pesar de que hoxe en día se lle admire e mesmo o consideren pai da física e astronomía modernas, debedes saber que nos seus tempos tivo certas tiranteces cos homes de fé que formaban o tribunal da Inquisición.
Sen arriscarme a entrar na peliaguda cuestión de se é a Terra a que se move ao redor do Sol, como dicía este sabio, ou se é o Astro Rey quen xira en torno á Terra, como defenden os teólogos e tódalas mentes preclaras da Cristiandade, eu hoxe quería fixarme noutra das polémicas afirmacións do controvertido pisano: Os obxectos caen cunha aceleración independente da súa masa, e polo tanto, ao deixar caer dous obxectos de masas moi distintas dende unha altura, ambos deberían chegar ao chan ao mesmo tempo.
Todo o mundo sabe que se deixamos caer un martelo e unha pluma contra o chan, o martelo chega antes, e deberemos coidar que non seña sobre un pé, mentres que podemos soltar unha pluma, irnos tomar un café e volver antes de que chegue ao chan.
Sen embargo, algúns sabios, ante semellantes verdades, todavía porfiaban e dicían que Galileo tiña razón, e que o comportamento anterior se debía ao rozamento co aire. Pois ben, vamos a probar onde non haxa atmósfera. Tras varios séculos, e logo de invertir unha chea de millóns de dólares, pódese rememorar o famoso experimento da Torre de Pisa (que non se fixo en Pisa, paradóxicamente):
Cómo se vos queda o corpo despois de ver isto? A que vai ser verdade tamén que o Sol é o centro do Universo…
Vídeo que nos chega cuns 32 anos e 4 días de retraso… pero cunha estética setentera e psicodélica realmente impresionante.
Estou comezando as vacacións, así que debería ter máis tempo para postear, e así “parir” cousas mellores que ésta, pero… a procrastinación non coñece épocas estivais.
…senón o de Irlanda. Nunca vos parástedes a pensar en cómo unha solemne festa relixiosa, dedicada a ensalzar ao patrón de Irlanda, se converteu nunha apoloxía da cervexa Guinness, do alcoholismo, dos tréboles, de vestirse de verde, do Kiss me I’m Irish?
Eu tampouco, pero fijo que investigando máis o descubrides. Pasádeo ben!! Agora déixovos co que queredes ver: elegantes e graciosos gorros.
En 1842, cando China cedeu a illa de Hong Kong ás autoridades británicas, reforzou a presencia militar na zona, amurallando un pequeno forte na península de Kowloon, que fora contruido no século anterior para evitar incursións piratas.
En 1899, un novo tratado fixo que gran parte da costa cercana á illa pasase tamén a control inglés; sen embargo, o documento excluía o forte, que seguía baixo control chinés. Así, o goberno da dinastía Qing seguía mantendo un pequeno espacio dentro do territorio colonizado, de tan só uns 200 x 100 metros.
Máis tarde, en 1911 coa caída da dinastía e a proclamación da República, as autoridades chinesas despreocupáronse, e a zona pasou a ser “unha mostra da China tradicional” para os turistas que se achegaban a Hong Kong. Ainda que seguía baixo dominio teórico de China, foi deixada á súa sorte; cando os británicos pretenderon tomar o control, os seus habitantes impedírono ameazando cun conflito diplomático.
Esta situación mantívose ata a Segunda Guerra Mundial, na cal o enclave foi conquistado polos xaponeses, quenes derribaron gran parte do mesmo, así coma a muralla, para conseguir material co que construir o cercano aeroporto Kai Tak. Os habitantes orixinais abandoaron, por suposto, o barrio, xa que, os que inda tiñan casa, non o atopaban confortable (a presencia do aeroporto estropeaba o diseño dacordo á filosofía Zen do asentamento).
Sen embargo, trala rendición de Xapón, o territorio volveu a ser unha incógnita: oficialmente en mans de China, a policía de Hong Kong non se atrevía a entrar, e ante esta situación, converteuse nun “burato negro diplomático”, e a el chegaron refuxiados que fuxían da fame na China Comunista, fundada no 1949. Era un paraíso no que podían vivir entre iguais, sin ser censados, sin pagar impostos, sin goberno algún.
Desafortunadamente, esa situación de “limbo” tamén atraía a okupas, drogadictos, e mafias, que abriron burdeles, fumaderos de opio, casas de aposta… As Tríadas fixeronse fortes, e tiveron o control da zona ata os 70, mantendo atemorizados aos veciños, e impedindo a chegada de visitantes. Cando a situación se fixo insostíbel, a policía de Hong Kong combatiuna, entrando á forza na cidade (aproveitando un incendio) e desmantelando as organizacións mafiosas.
Coa derrota das Tríadas, o control pasou a ser soamente dos cidadáns, e as únicas preocupacións, obter auga (de pozos), electricidade (pinchando a rede eléctrica de Hong Kong), traballo (apareceron fábricas clandestinas, restaurantes, dentistas coa calificación chinesa de antes da Revolución e que non podían permitirse a licencia na metrópole colonial, mercados que abastecían de comida, escolas…). Surxiu unha comunidade libre, anárquica, relativamente autosuficiente…
E a poboación medrou espectacularmente. Así, dado que non se podía construir fora do territorio orixinal (equivalente a tres campos de fútbol), a comunidade iría expandíndose cara arriba e achicando as súas calles máis e máis, entrelazándose edificios construidos e reformados sen control algún, ata formar unha única macroestrutura, monolítica. Literalmente convertiuse nun laberinto de corredores a distintas alturas.
Con 50 mil habitantes e 0.026 Km2 de extensión, Kowloon rexistraba o récord de densidade de poboación: 1,9 millóns de habitantes por quilómetro cadrado (dúas personas por metro cadrado!!).
Sen embargo, cando máis próspera era a extraña comunidade, o goberno chino e o colonial acordaron por fin unha medida a tomar co outrora forte: destruilo. Non podían permitir unha comunidade tan grande de persoas vivindo á marxe de calquera lei, cun nivel de vida tan baixo e unhas condicións sanitarias tan precarias. Entre o 1992 e o 1993 evacuaron a cidade e reubicaron a poboación, indemnizándoos xenerosamente, e no 1993 volárona. No seu lugar situouse o “Kowloon Walled City Park“, no que se poden atopar algúns restos a modo de monumento.
A continuación déixovos unhas fotos do barrio nos anos 80 e comezos dos 90, así como un vídeo, para facervos mellor a idea de superpoboación do lugar.
Comentarios