Mägo de Oz no Coliseum

O concerto de mañá devolve ao Coliseum da Coruña o ambiente dos directos multitudinarios. Con case tódalas entradas vendidas, Mägo de Oz presenta no aforo coruñés o seu último disco, o recopilatorio “The best Oz”.

Mägo de Oz comezou a súa andadura en 1989, cando o batería Txus contactou con outros músicos para formar una banda. O nome foi proposto polo batería, letrista e líder do grupo, porque “a vida é un camiño de baldosas amarelas, na que andamos na compaña de outros buscando os nosos soños”.

Tras varios anos rotando músicos no grupo, conseguen unha formación estable e comezan a tocar en pequenos locais de Madrid, onde o seu estilo se comeza a deixar ver (sobre todo, coa introducción dun violín, que permite mezclar sons celtas e heavys).

En 1992 o grupo queda finalista do concurso de Rock “Villa de Madrid”. Dous anos máis tarde, en 1994, aparece o seu primeiro álbume, “Mägo de Oz”. Trátase dun disco autoproducido polos membros da banda, e permítelles darse a coñecer e realizar unha xira por todo o país, gañándose o título de grupo revelación de 1995.

En 1996 publican o seu segundo traballo, unha ópera rock titulada “Jesús de Chamberi”, na que narran a volta do fillo de Deus á terra no Madrid de finais do século XX. A xira promocional, chamada “Via Crucis Tour”, foi un grandioso éxito de público, afianzándose como un dos grupos emblemáticos do rock español.

En 1998 graban “La Leyenda de la Mancha”, ambientación musical do ‘Quijote’, de Miguel de Cervantes, con cancións de gran éxito como ‘Maritormes’, ou ‘Molinos de Viento’

No 2000 aparece “FinisTerra”, doble álbume sobre a historia dun pelegrín que percorre o Camiño de Santiago no século XVII, pero visto desde a perspectiva dun home que atopa un CD-ROM no ano 2199 no que se narran as aventuras deste pelegrín.

A xira de presentación deste álbume déulles pé a gravar “Fölktergeist”, un directo dos seus mellores temas.

En 2003 publican “Gaia”, o primeiro disco dunha triloxía aínda inconclusa. Nel cóntase a historia dunha latina chamada Alma Echegaray, executada en Atlanta en 2002, que resucita e lle conta ao gobernador de Xeorxia a historia dunha xove inca, Azaak, e o seu romance cun mariño español, Pedro de Alcázar, en 1520. Revela a problemática da conquista e un grito musical de Mägo pola liberdade, e polo amor á naturaleza.

No 2004 sacan “Belfast”, disco de versións das súas cancións máis exitosas, así coma de outros grupos coma ‘Asfalto’, ‘Boney M’, ou ‘Rata Blanca’. O nome do álbume fai referencia á capital de Irlanda do Norte.

A segunda parte da triloxía ‘Gaia’ veu a luz en setembro do 2005, con “Gaia II – La Voz Dormida”. Este álbume critica duramente á Igrexa. Continúa a historia narrada en “Gaia”.

A súa discografía complétase con “The Best Oz”, triple CD recopilatorio da súa carreira, e que se presenta na xira que os trae a Coruña este sábado.

Advertisements

0 Responses to “Mägo de Oz no Coliseum”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,360 (de momento...)
tracker

Arquivo


%d bloggers like this: