Carreteras sobre xeo

As carreteras sobre xeo, ou “Ice Roads“, son vías abertas durante a tempada de inverno e que facilitan o transporte con áreas illadas, sen carreteiras permanentes, especialmente en Canadá, Alaska, Siberia, e Escandinavia.

Unha das máis famosas, e máis empregada, é a “Denison’s road“, nos “Northern Territories” en Canadá.

Considerada a ruta máis perigosa do mundo, percorre máis de 500 quilómetros ata as minas de diamantes de Diavik e Ekati. O 85% do percorrido trascorre sobre lagos xeados, co risco de que o xeo fenda en calquera momento, tragándose aos camións que transportan todo o necesario para o normal funcionamento das minas (sobre 300.000 toneladas de combustible, explosivos, aceiro e formigón ao ano). Obviamente, a ruta só é transitábel nos meses máis duros do inverno, cando as illas nas que se sitúan as minas quedan conectadas con terra. Cada ano, a compañía “Nuna Logistics” reconstrúe a carretera.

[vía Fogonazos]

A física básica das carreteras de xeo coñécese dende hai décadas. Cando un camión cargado se move sobre o xeo, crea unha depresión ao seu redor duns centímetros de profundidade, e varios metros de diámetro. A maior velocidade, máis profunda será a depresión. Se un vehículo sobrepasa certa velocidade crítica, variable segundo as condicións locais, o seguinte en pasar atravesará o xeo.

Baseándose nesto, os conservadores da Denison’s Road limitaron a velocidade a 35 km/h. Nalgúns tramos, como o lago Waite, a velocidade máxima será ainda menor.

Xa que a concavidade se traslada co camión, a auga desprazada crea ondas de presión baixo a superficie. Cando esas ondas acadan a costa do lago, rebotan, e as interferencias resultantes do seu choque cos seguintes frentes de onda poden levantar o xeo. Para prever isto, sempre que seña posible os enxeñeiros constrúen as carreteras de xeo cun ángulo determinado respecto ás liñas de costa máis cercanas.

Para saber máis…

0 Responses to “Carreteras sobre xeo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: