Illas Maldivas

 

A República das Maldivas é un arquipélago-nación sito no Océano Índico, a uns 700 quilómetros ao suroeste de Sri Lanka. Consta duns1192 illotes, dos cales apenas 200 están habitados por comunidades locais, e agrupados nuns 27 atolóns. De feito, a palabra “atolón” en si mesma provén dunha antiga lengua nativa.

Cunha extensión de terra firme de tan só 298 quilómetros cadrados (para facerse unha idea do tamaño, o concello de Foz xa ocupa 100,29), este país vive prácticamente do turismo, o que é comprensíbel vendo o fermosas que son as súas praias, e da pesca, por razóns máis que obvias. A súa poboación actual ronda os 300.000 habitantes, o que, a pesar de convertelo no país menos poboado de Asia, unido á súa pequena extensión, o converte nun dos países máis densamente poboados do globo. Invadido polos musulmáns no 1153, ao longo da súa historia, este arquipélago estivo baixo mans portuguesas, holandesas, e británicas, e non acadou a súa independencia ata 1965.

Pero o que verdadeiramente me chamou a escribir sobre as Maldivas foi a súa curiosa xeografía.

O país está formado, como xa dixen, por atolóns, é dicir, arrecifes de coral en forma de anel, e que conteñen numerosas pequenas illas. Inda que os atolóns máis grandes teñen uns 50 quilómetros de lonxitude Norte-Sur, e 30 Leste-Oeste, non hai en todo o arquipélago unha illa individual maior de oito quilómetros. Cada atolón ten entre cinco e dez illas habitadas, e entre 20 e 60 desertas; ainda que hai excepcións, coma a illa de Fuvammulah, unha única illa grande, rodeada dunha praia de coral.

O máis extraordinario deste país, sen embargo, é que ostenta un curioso record: é o máis “plano” do mundo, e dicir, o que ten menor altitude máxima no seu territorio. A fisionomia destas illas, sen montes nin elevacións de ningún tipo, fai que a súa maior altura se atope nun lugar sen nome particular, na illa de Vilingili, no atolón Addu, e que seña de tan só… 2.3 metros sobre o nivel do mar!!

Tendo en conta que no último século, o nivel do mar subiu 20 centímetros, e que esta tendencia segue na actualidade, a existencia deste paraíso está realmente ameazada. De feito, no tsunami que asolou o Índico en 2004, a pesar de que o epicentro se situou na costa indonesia, relativamente afastada, partes das Maldivas inundáronse, deixando a moita xente sen fogar. Tralo desastre, os cartógrafos deben redibuxar o mapa do país, xa que algunhas alteracións se convertiron en permanentes.

Fontes: wikipedia, páxina oficial do país.

 

 

 

 

0 Responses to “Illas Maldivas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: