“Porcozilla”

“Hogzilla” é o nome que lle deron a un porco salvaxe que cazaron nun coto privado en Alapaha, Georgia, o 17 de xuño de 2004. O home que o matou, Chris Griffin, decía que medía 3.6 metros de longo, e que pesaba 450 quilogramos. Inicialmente considerouse un “bulo”.

A comezos do 2005, “científicos” desenterraron o grandioso animal, para estudiar os seus restos para un documental da “National Geographic“. Ditos “especialistas” deron como resultado do seu estudio as medidas reais da besta: uns 360 kg de peso, e entre 2.25 e 2.5 metros de longo. “Hogzilla” era metade cocho doméstico (da raza Hampshire) e metade xabarín. A pesar de que en realidade non medía tanto como afirmaba Chris, comparado coa maioría dos seus conxéneres, era un porco formidable.

Dacordo cos resultados dados polos examinadores, os colmillos de “Hogzilla” medían 46 centímetros, un novo récord nos Estados Unidos.

Polémica con National Geographic

Ken Holyoak, o propietario do terreo de caza onde se abateu o animal, sostén sen embargo que as medidas dos “científicos” son erróneas, e defende a versión inicial de Chris Griffin. Holyoak di que o animal pesou 1000 libras e medía 12 pés nos aparellos da súa granxa, e que el mesmo tomara as medidas.

Na “National Geographic” sosteñen que posiblemente medise o animal suspendido, de talóns a fuciño, no canto de facelo en posición ergueita, de fuciño a rabo. Holyoak replícalles: “Como calquera ser orgánico trala morte, os tecidos descompóñense e o corpo atrófiase, facendo que as medidas se reduzan. Algunha vez vístedes unha pasa, que antes era unha uva?”. Nancy Donnelly, productora do documental, defende que xa tiveron en conta o “encollemento”.

Consecuencias de “Hogzilla”

Dende o descobremento do animal, o pequeno pobo de Alapaha, a uns 290 quilómetros ao sur de Atlanta, Georgia, tivo un crecemento semellante ao que outras poboacións puideron obter de anomalías naturais coma o polo sen cabeza “Mike” en Fruita, Colorado, ou de lendas como a do Bigfoot.

Alapaha fixo a historia do enorme porco parte da comunidade, centrando nel os últimos festivais do outono. Neles ten lugar un desfile protagonizado por unha “princesa Hogzilla”, nenos disfrazados de porquiños rosiñas, e unha réplica do xabarín.

Pero non acaba aquí esta loucura, xa que incluso está xa pensada unha adaptación da historia do cocho ao cine, na cal o mismísimo Chris Griffin colaborará, como “asesor experto no tema”.

0 Responses to ““Porcozilla””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: