Desmembramento de persoaxes ilustres…

¿Lembrádesvos do parente “graciosillo” que de pequenos sempre vos “arrincaba o nariz”? Nada comparado con estes históricos desmembramentos…

1) As vértebras cervicais de John Wilkes Booth

John Wilkes Booth

John Wilkes Booth foi sen dúbida un asesino presidencial de éxito, pero non lle durou moito. Tan só 12 días tras matar ao Presidente Abraham Lincoln, Booth recibiu un tiro na nuca que o feriu de morte. O seu corpo foi enterrado provisionalmente nunha tumba sen nome, no cemiterio Green Mount, en Baltimore. Sen embargo, as súas vértebras terceira, cuarta e quinta fóranlle extraídas durante a autopsia para poder acceder á bala, e nunca se devolveron ao finado. Hoxe en día todo aquel que queira, pode observalas, xa que se atopan expostas no Museo Nacional de Saúde e Medicina, en Washington D.C.

2) O cerebro de Albert Einstein

Albert EinsteinAntes de morrer, o xenial físico considerou a posibilidade de doar o seu corpo á ciencia. Desafortunadamente, nunca deixou constancia escrita deste desexo. Cando faleceu en 1955, os seus achegados planexaron incineralo, pero o forense encargado da autopsia, o Dr. Thomas Harvey tivo un plan un tanto diferente. Optou por extraerlle o cerebro, e contarllo á familia máis tarde. Durante uns 30 anos, tivo a materia gris do preclaro Albert consevada en formol, na súa casa en Wichita. Naturalmente, os seres queridos de Einstein non se entusiasmaron cando descubriron o cerebral expolio; sen embargo, deron orde de que filetearan os sesos en 240 seccións, que se distribuiron a institucións científicas, para investigación. Moitas das seccións consérvanse hoxe nas devanditas institucións. O cerebelo atópase no hospital de Princeton.

3) A perna de Dan Sickles

Dan SicklesNa batalla de Gettysburg, o Xeneral Daniel Sickles montaba o seu cabalo cando unha bola de canón case lle secciona completamente a súa perna dereita. A pesar de que se conta que, imperturbable, se fumou un puro mentres recorría o camiño á enfermería, a ferida era tan grave que se tivo que amputar. Sickles gardou o seu membro, e máis tarde cedeullo ao (xa mencionado) Museo Nacional de Saúde e Medicina de Washington D.C. O prestixioso xeneral mesmo lle atopou utilidade á sús extremidade: levaba ás súas acompañantes femininas ao museo, para que a perna ilustrase mellor as súas historias heróicas. O resto de Sickles enterrouse no Cemiterio Nacional de Arlington trala súa morte en 1914.

4) O brazo de Stonewall Jackson

Stonewall Jackson

O Xeneral confederado Thomas Jackson gañouse o seu sobrenome por permanecer impasivo mentres as balas silbaban ao seu redor durante a Guerra Civil Americana. Esta bravuconada (ou estupidez) levouno a recibir un balazo no brazo durante a batalla de Chancelorsville, unha bala perdida, disparada por un dos seus propios homes. Houbo que amputar. Así foi como Stonewall deu sepultura ao seu propio brazo, en Ellwood, Virxinia. Tan só oito días despois, morreu de pneumonía. Foi enterrado en Lexington, Va.

5) A man de San Francisco Xabier

San Franciso XabierFrancisco Xabier foi un santo con demasiados fans. A comezos do s.XVI, o rei de Portugal enviouno a Asia, “a convertir ao Cristianismo tantas almas como seña posible”. E polo visto fixo ben o traballo; fíxose moi popular, e trala súa morte en 1552, tamén o foron as súas reliquias. De feito, a demanda superou as existencias. Tras varios anos e múltiples exhumacións, hoxe os seus restos repártense por todo o mundo: unha metade da súa man esquerda en Cochin, India; a outra, en Malacca, Malasia; un brazo en Roma… Varias cidades dispútanse os seus órganos internos. O que sobra? Enviárono a Goa, India. Alí exponse o cadáver ao público, durante 6 semanas, cada 10 anos.

6) O dedo de Santa Catalina de Siena

Morta en 1380, o corpo da sagrada muller foi venerado por pelegríns que crían que tocar o seu corpo os curaba e os achegaba máis a Deus. Xente de toda Europa viña tocar o incorrupto cadáver da santa. Sen embargo, a Igrexa Católica decidiu darlle descanso á pobre muller. Opoñéndose a non poder seguila adorando, un dos seus seguidores quitoulle un dedo antes de enterrala (xusto con algúns dentes, e outras partes). Mentres, o Papa Urbano VI tivo unha idea similar, e quedouse coa cabeza. Na igrexa de San Domenico de Siena, Italia, pódense visitar hoxe o dedo e maila cabeza. O resto atópase baixo o altar maior na Igrexa de Santa María Sopra Minerva, Roma.

7) O pene de Napoleón

O 5 de maio de 1821 o exiliado emperador Napoleón Bonaparte morreu en Santa Helena. Ao día seguinte tivo lugar unha autopsia multitudinaria; entre a concurrencia atopábase un sacerdote chamado Ange Vignale. Non se sabe como, o prelado conseguiu en bonito recordo. No 1916, os seus herdeiros venderon unha colección de trastos napolónicos, entre os que se incluía o que eles afirmaban ser o imperial membro. Ainda que ninguén puido probar a súa autenticidade, a virilidade de Napoleón foi intercambiándose de poxa en poxa, sempre a bo prezo. Na actualidade, pertence a un urólogo americano.

8) A cabeza de Oliver Cromwell

Oliver Cromwell, famoso por usurpar a coroa de Inglaterra, era unha persoa moi comedida. A súa cabeza sen embargo correuse boas xoldas. A pesar de morrer de forma natural en 1658, dous anos despois, reinstaurada a monarquía, o seu corpo foi desenterrado, axusticiado, e executado na forca. Logo abandoárono nunha fosa común. Ademáis, e como advertencia, a sua cabeza estivo ensartada nunha lanza e exposta en Westminster Hall, durante 20 anos. Tras pasar unha tempada nun pequeno museo, en 1814 comprouna Josiah Henry Wilkinson, quen a exhibía en reunións e acontecementos sociais. Finalmente, en 1960 enterraroa nunha capela en Cambridge, poñendo fin ao axetreado periplo post-mortem do puritano rexicida.

 9) A perna de Sarah Bernhardt

Algunha vez lle dixexes a un actor aquelo de “rómpete unha perna”? Cuidado co que desexas. En 1905, “a Divina” lesionouse un xeonllo interpretando a última escea da obra La Tosca. Nunca se repuxo. En 1916, a gangrena obligou a amputarlle a perna. Seguiu actuando, centrándose en papeis que a permitisen permanecer sentada. Dacordo coa lenda, o famoso showman P.T. Barnum ofreceulle a Sarah unha boa cantidade de cartos pola súa perna, que a actriz rexeitou. Segue sendo un misterio o que realmente pasou coa extremidade.

10) O corazón de Thomas Hardy

No seu testamento, o novelista inglés deixou especificado que quería descansar eternamente ao carón da súa querida primeira esposa. Os seus amigos non pensaron que esto fose suficiente honra para o escritor, e conseguiron ubicalo no Poet’s Corner, na abadía de Westminster. A disputa entre os fans do escritor e os seus parentes levou a un acordo satisfactorio para todos. O corazón do autor foi extraído do cadáver e enterrado co da muller; o resto queimouse e gardouse nunha urna, na Abadía. Rumoréase, sen embargo, que alguén roubou o corazón, e que no funeral se empregou o dun porco.

Advertisements

0 Responses to “Desmembramento de persoaxes ilustres…”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,318 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: