Review: Suzumiya Haruhi no Yuuutsu

Non teño ningún interés nos insignificantes seres humanos. Se hai algún alien, viaxeiro no tempo, pantasma ou alguén con poderes paranormais aquí, vinde, e unídevos a min.

Así se presenta Suzumiya Haruhi á súa nova clase no instituto. Inda que esta curiosa rapaza seña a protagonista do anime, quen o narra é o seu compañeiro de clase, Kyon. Haruhi é unha fan dos fenómenos paranormais, e por iso, descontenta cos clubes do instituto, decide crear o seu propio clube; a Brigada SOS (acrónimo de Sekai wo Ooini moriagerutame no Suzumiya Haruhi no Dan, que significaría algo así coma “Brigada de Suzumiya Haruhi para salvar o aburrido mundo cunha sobredose de diversión”). Consta de cinco membros: Haruhi, Kyon, Yuki, Mikuru e Itsuki. ¿Realmente existen os fenómenos paranormais? Pode que se atopen moi preto, e que Haruhi teña moito que ver…

 

Con este argumento, “A melancolía de Suzumiya Haruhi” foi recoñecido, xunto con “Death Note” e “Code Geass“, os mellores animes para televisión da tempada. A calidade do debuxo (emitiuse en HD!!) e a banda sonora son brillantes; e ademáis, rebosa orixinalidade (non fai falta máis que ver a emisión dos capítulos, “na orde que Haruhi quixo”).

Suzumiya Haruhi no Yuuutsu é realmente unha adaptación ao anime (e a manga) dunha serie de novelas escritas por Nagaru Tanigawa e ilustradas por Noizi Ito sobre Suzumiya Haruhi. O primeiro volume saiu o 6 de xuño do 2003, e seguen publicándose. Ouvo dúas adaptación en manga a primeira apartábase moito do argumento e non tivo éxito, sen embargo, a segunda séguese publicando en Xapón. E mesmo hai unha serie para radio!! Rumoréase que farán un novo anime en outono; esperaremos impacientes.

Nota: Altamente recomendable.

Opinión persoal: Viva o humor absurdo, e a súa nova deusa!!

Se seguides lendo, tedes o opening e o ending en Youtube, e fotos de Mikuru-chan ;-)

Opening – Bouken Desho, Desho?

Ending – Hare Hare Yukai

Mikuru

 

 

0 Responses to “Review: Suzumiya Haruhi no Yuuutsu”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: