A Andorra galega

concellos_couto.jpgUnha república entre dous reinos, un lugar cheo de singularidades históricas e culturais, un símbolo da conexión entre a Galiza e Portugal. Asi é o Couto Mixto, un enclave de tres aldeas que durante séculos funcionou coma unha república independiente, na fronteira galaico-lusa.

O Couto Mixto estaba constituído polos lugares actuais de Santiago, Rubiás, e Meaus, tendo unha superficie aproximada de 27 quilómetros cadrados. Na actualidade Santiago e Rubiás pertencen ó Concello de Calvos de Randín mentres o de Meaus pertence a Baltar.

Atópase entre dúas cadeas montañosas, a do Cebreiro e a de Larouco Pena. Unha lenda conta que os veciños da zona protexeron unha vez a unha fuxitiva princesa embarazada, que deu a luz no Couto. Cando ela chegou a raíña otorgoulle grandes privilexios aos seus protectores. O neno foi San Rosendo, fundador de Celanova e Bispo de Mondoñedo. Nos mellores tempos documentados, a poboación no Couto chegou ao millar de habitantes; inda que hoxe tan só haberá unha cuarta parte, e a maioría de idade avanzada.

A orixinalidade do enclave foi que mantivo unha organización propia, desvencellada tanto de Portugal como de Galiza.

Así, as pequenas aldeas conformaron un territorio autónomo, unha pequena “república” que se rexía polas disposicións dos veciños, comerciaba libremente e non dependía na práctica nin de España nin de Portugal.

Un xuíz, ou xefe político, elexido polos veciños, constituía a máxima autoridade. de goberno, administrativa e xudicial, auxiliado por tres homes de cada aldea (chamados “homes de acordo“) e un vigairo de mes, o axente executor. Os homes de acordo posuían cada un unha chave, e as tres xuntas abrían un cofre no que gardaban os documentos oficiais.

Ao carecer dun señor feudal, evitouse que o embrión de Estado se cohesionase, polo cal hoxe non figura nos mapas. Sen embargo, mantivo durante séculos esta independencia de facto, que lle daba privilexios como non contribuir con homes a ningún exército, practicar un libre comercio sen dar contas a ninguén, polo chamado Camiño Privilexiado (un camiño inmune a acción dos gardas da fronteira, que comunicaba o Couto coa vila portuguesa de Tourém, atravesando terras galegas de Randín nun percorrido duns seis quilómetros que todavía hoxe se conserva). Recoñecían o dereito de asilo para fuxidos da xustiza hispana e lusa, e tiñan liberdade para cultivar tabaco e outros productos, cultivos que nos países veciños estaban fortemente controlados.

Cando en 1868 se rematou esta situación, o lugar foi un nudo de contrabando, traendo tabaco, menciñas, xabón, azúcar, bacallau e sal de Portugal, e en sentido inverso desenrolouse un curioso tráfico de calzado. Os portugueses entraban no Couto cos seus zapatos máis vellos, compraban uns novos a bo prezo, e volvían a pasar a fronteira, previo abandono do calzado vello na cuneta. Ningún garda fronteirizo puido nunca reprocharlles nada. Este contrabando estivo arraigado ata ben entrados os sesenta.

Desde fai anos, un grupo de veciños quere revivir a zona e recordar o pasado histórica das tres aldeas. Celebran para iso un festival a mediados de xullo, unha cerimonia na que rememoran o protocolo dos tempos históricos. Inda que seña difícil algo de recoñecemento actualmente, os veciños consegueronno recentemente, cando Portugal instalou uns muíños eólicos na serra de Larouco, fronteiriza con Galiza. Pero dous destes muíños estaban en terreos de pastos comunais do Couto, marcados cun pedrón coas iniciais C.M. Denunciada a situación, Portugal recoñeceu o erro, e agora paga uns 6000 euros anuais en concepto de aluguer.

Fontes: [I, II, III, IV]

1 Response to “A Andorra galega”


  1. 1 Boedense 2 Xuño, 2007 ás 11:30 am

    Son interesantes ler os libros A QUINTA DE SALER, de Antón Riveiro Coello e ARRAIANOS, de Xosé Luís Méndez Ferrín. Ámbolos libros son novelas que discorren nos lugares que conforman o COUTO MIXTO.

    Véxase tamén o web:

    http://groups.msn.com/ONOSOCURRUNCHO/historia.msnw?action=get_message&mview=0&ID_Message=76&LastModified=4675445132186277641

    Sen máis, recibe un atento saúdo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,302 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: