Ciencia nos bares

Xurxo Mariño, investigador e profesor da Universidade da Coruña, é un dos máis destacados científicos do país. Nado na vila mariñá de Foz hai 38 anos, este xove neurofisiólogo pertenceo grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, o Neurocom. Imparte Estrutura e Función do Corpo Humano na Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía de Ferrol. E no plano investigador, chegou nin máis nin menos que ao MIT, o Massachusetts Institute of Technology, cun ambicioso proxecto co que pretenden entender como funciona o sistema nervioso central. O obxectivo final do Doutor Mriganka Sur, líder do laboratorio co que colabora, é reproducir o noso sistema neuronal nun circuito de ordenador.

Recordo que hai 4 ou 5 anos viñera darnos unha animada charla ao instituto de Foz, na que, aparte do emotivo do reencontro co pobo natal, se centrou nas ilusións ópticas, formas de “enganar ao cerebro” facéndolle ver o que non hai. E é que por aquel entón, dentro da inmensa complexidade do sistema nervioso, a súa investigación estaba centrada sobre todo na interpretación que o cerebro fai de estímulos visuais. Na súa experimentación empregaba gatos, aos que colocaba electrodos no cerebro para recoller os impulsos eléctricos que chegaban ata as súas neuronas.

Este ano, o científico embarcouse nun proxecto doutro tipo, máis divulgativo. Percorreu desde novembro ata abril algunhas vilas galegas realizando “cafés científicos” nos bares para falar cos “paisanos e veciños” sobre as curiosidades do cerebro humano.

 

Esta experiencia, que probablemente será repetida o próximo ano, desenvolveuse paralelamente cunha exposición itinerante sobre a mente, na que el participaba e que estaba financiada pola Consellería de Innovación e Industria. Mariño explicou que o seu traballo consistiu en “dar unha especie de charla-coloquio sobre o cerebro” e asegurou que á xente “lle resultaba bastante interesante, porque case todos temos un”, apuntou ironicamente.

 

Indicou que a idea xurdiu da escasa afluencia que tiñan as conferencias que organizaban el e o biólogo Casto Rivadulla, “puñamos carteis e anunciabámolo, pero non viña case ninguén”, dixo. Así que un día decidiron que se a xente non ía onde estaban eles, eles acudirían onde estaba a xente. “¿E onde estaban todos? Nos bares”, afirmou.

 

Especificou que ambos, acompañados dun actor, chegaban á taberna do pobo e invitaban a todo o mundo a un refresco, un café ou unha cervexa, á vez que aproveitaban para facer unha “emboscada científica”. A partir dese momento realizaban “experimentos psicofísicos” e o actor “interpretaba monólogos e facía un pouco de faranduleiro”.

 

Ademais, engadiu que segundo o tipo de bar no que pronunciaban a conferencia “a cousa cambiaba”, se “estabamos nun pub falabamos de temas de drogas ou se iamos a un bar de xubilados saían temas relacionados co soño”.

Máis info: 1, 2, 3
Un libro divulgativo que escribiu, gratuito en formato PDF: Os Dados do Reloxeiro

Advertisements

5 Responses to “Ciencia nos bares”


  1. 1 bembo 5 Xuño, 2007 ás 10:49 am

    ostia…a primera vista pense ke era alex ubago teñido de rubio jajajajajaja

  2. 2 A Randeeira 5 Xuño, 2007 ás 4:32 pm

    Acabo de coñecer este sitio grazas a Chuza. Moi bo traballo. A forza da Mariña no blogomillo é imparábel.
    Un saúdo dende a outra beira do Masma.

  3. 4 Javier Ramalleira 5 Xuño, 2007 ás 5:11 pm

    Boas!

    Alégrame que che guste o que escribo. Paseime polo teu blog, pero vexo que xa te despedixe… Bueno, eu anímote a que continues, xa que polo que vin tamén estabas a facer un bo traballo, moi crítico.

    Unha aperta mariñá!!

  4. 5 a randeeira 5 Xuño, 2007 ás 5:43 pm

    Verémonos pronto nun novo blog.
    Mentres, de cando en vez, andarei por aquí
    ovaral.blogspot.com


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,308 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: