Explorando o Amazonas

De toda a vida, estudiamos que o río Amazonas, en Sudamérica, era o máis caudaloso do planeta, e que cubría a conca fluvial máis extensa, pero que sen embargo o africano Nilo era o máis longo.

Sen embargo, existen varias expedicións que consideran que as fontes poderían estar máis ao sur do que tradicionalmente se cre, ata o punto de arrebatarlle ao histórico Nilo o seu cetro. ¿Que teñen de certo? O debate académico está aberto. Vamos a adentrarnos, desde a súa desembocadura, e percorrelo ata dar co fondo da cuestión. Para iso, ademáis deste artigo, debuxei a ruta en Google Maps.

Partimos das Bocas do Amazonas, no Océano Atlántico. Aquí vértese unha quinta parte de toda a auga doce que desemboca aos mares de todo o mundo: cunha media de 219.000 quilómetros cúbicos por segundo, e cun máximo na época de chuvias que chega aos 300.00, ninguén lle pode discutir o título de maior caudal. De feito, o volume verquido é tal que a salinidade do océano é inferior á normal ata a 150 km da costa, e mesmo navegando, poderemos beber auga antes incluso de divisar terra, pois é doce e potable. Este feito fai que a illa de Marajó se converta na maior masa de terra rodeada totalmente de auga doce. Con razón Vicente Yáñez Pinzón, o primeiro europeo en chegar ao Amazonas, lle puxo o alcume de “Mar Doce”.

Na boca do Amazonas ten lugar un curioso fenómeno: a Pororoca. Trátase dunha ola xigante, debida á penetración das mareas altas no curso do río, que pode chegar aos 4 m de altura, e percorres ata 17 quilómetros río arriba. Ese fenómeno impide a deposición de sedimentos, co que non se chegan a formar illas pequenas, e polo tanto as Bocas do Amazonas non se poden considerar un delta propiamente dito.

Despois do impulso desta ola, embarcarémonos e iremos remontando o gran río, decatándonos das suas tremendas dimensións. Todo o curso do río é de escasa pendente, o que permite que a anchura do cauce chegue aos 11 quilómetros, 40 se se inundan as chairas aluviais. Estamos ante un río longo, cunha velocidade relativamente lenta, e que se ramifica moito, con illas, canais, cauces múltiples… Ainda así, a profundidade mínima non baixa dos 4 metros. E preguntarédesvos… de onde sae tal cantidade de auga? Pois ben, tedes que ter en conta que, ata onde estamos nós chegan as aportacións de ríos coma o Xingu, Purús, Yapura, Negro, Tocantíns, Madeira…todos eles de máis de 2000 quilómetros de lonxitude!

Coñecendo eso, é de supoñer que estamos ante a maior conca hidrográfica do mundo. Recolle auga dun total de 6.950.000 quilómetros cadrados, un 40% de toda a superficie de América do Sur.

Pero deixemos de abraiarnos e sigamos río arriba. A 600 km do mar, o río atópase cun dos accidentes xeográficos máis notables que salva no seu fluir cara o Atlántico: o paso de Óbidos. O río ten que estreitarse para salvar uns pequenos outeiros, creando unha sorte de desfiladeiro… claro que ten unha anchura de 1.6 km, por 60 m de profundidade.

Atravesando o ecosistema máis rico en fauna e flora do mundo, onde se calculan que quedan centenares de especies animais por descubrir, seguimos avanzando río arriba. Estamos en plena Amazonia, o bosque tropical máis extenso do planeta. Aquí viven (ou vivían) centos de comunidades indíxenas, grupos de cazadores-recolectores, nun equivalente ao que sería a vida antes da chamada “Revolución Neolítica“.

Ensimismados nestes pensamentos, tardamos en decatarnos que a auga está tomando un cor máis escuro… pero só nunha marxe! Eso é sinal clara de que nos aproximamos a Manaos, un dos portos máis importantes de Brasil, capital do estado da Amazonia, e cidade máis poboada da rexión, cun total de 2 millóns de habitantes. En torno a este porto fluvial, creouse a Zona Franca de Manaos, unha grande área industrial que nos últimos tempos está recollendo as plantas de producción en Brasil de Nokia, Siemens, LG, ou Sagem, entre outras grandes marcas tecnolóxicas. Atopámonos a 1600 km do Atlántico, no medio da maior selva do mundo… e de repente unha gran industria? Isto débese a que a Manaos podemos chegar fácilmente con grandes cargueiros transoceánicos.

Pero… e o da auga negra? Débese a que Manaos se atopa na confluencia do Amazonas cun dos seus grandes afluentes, o Río Negro. Este pouco imaxinativo nome débese a que a súa concentración iónica é baixa, máis semellante á auga de chuvia que os ríos comúns. Son (xa que non é un caso illado) ríos con PH máis ácedo, alta concentración de aluminio, e baixa de calcio, potasio, sodio… Estas diferencias coa meirande parte dos ríos son causa tanto do seu nome como da súa cor, e como se explica no percorrido en Google Maps, orixinan a mistura tardía dos dous ríos.

Tras superar a confluencia co Negro, o Amazonas cambia de nome, pasando chamarse Solimões, ainda que de feito este nome so o usan os nativos e os brasileños; tanto colombianos como peruanos se seguirán referindo a el como Amazonas.

Seguindo augas arriba, durante algo máis de 1.000 km non veremos máis que vastas extensións de terreo anegadas. Son terras moi baixas, moi semellantes ás do curso máis baixo do río. E é que desde o océano ata Manaos tan só subimos ata 44 m sobre o nivel do mar. Pero unha vez aquí, non nos vamos botar atrás! E así, chegamos tras máis de 3.000 km de sortear pirañas e candirús, ao punto no cal Colombia, Brasil e Perú comparten fronteira.

Seguindo outros 500 quilometriños, nos que teremos a Colombia á nosa dereita, e a Perú á esquerda un bo treito, acabaremos por atracar no porto de Iquitos, Perú. Éste, xunto co de Leticia, Colombia, son os dous portos principais do curso alto do Amazonas. En Iquitos, atoparémonos a 106 metros sobre o nivel do mar, fronte aos case 3600 km percorridos. Ata aquí todavía chegan cargueiros pequenos, de 3000 toneladas como máximo. Con 400.000 habitantes, é considerada a maior cidade á que non se pode acceder por carretera, agás dende un pequeno pobo cercano (Napa, a 100 km).

Se seguimos subindo contracorrente, a 250 quilómetros chegamos á confluencia das augas do río Marañón e do río Ucayali.Nesta confluencia, o cauce perde definitivamente o nome de Amazonas; sen embargo, para os lusofalantes, xa o perdera moito antes, e seguen reclamando que o seu río é o número 1 en lonxitude. Isto débese a que, para medir un río, o que conta e de onde ven a corrente máis lonxana que aporte auga ao mesmo.

O Nilo, por continuar coa disputa que orixinou este fermoso periplo, nace da unión do Nilo Azul, e do Nilo Branco; sendo máis caudaloso e fértil o Azul, para determinar a fonte elíxese o Branco, xa que procede de máis lonxe. De feito, mentres que o Azul nace no lago Tana, na “veciña” Etiopía, a auga que trae o Branco pode chegar a fluir a carón das pirámides tras ter percorrido 6.695 km dende a selva de Nyungwe, en Ruanda. De feito, este orixe achouse no 2006; é un tema para un futuro post, a exploración das “fontes do Nilo”.

Pero volvamos a Sudamérica. Aplicando unha analoxía válida, o río Marañón sería o noso “Amazonas Azul”, de maior caudal, e de lonxitude máis ou menos definida e coñecida; mentres que o ata o de agora incógnito Ucayali pasaría a ser o “Amazonas Branco”.

A exploración do Marañón realizouse durante a conquista dos españois, descubríndose o seu nacemento preto de Lima, no norte do actual Perú. Tomaron entón dito punto como o nacemento do Amazonas, dándolle ao río a lonxitude tradicionalmente aceptada de 6.387 km. Pero, é a fonte máis distante, ou estamos aínda no “lago Tana”?

Quedaba entón por explorar o Ucayali, tarefa que se levou a cabo no s. XIX, pero que debido ao difícil da súa nevegabilidade, con fortes correntes, cascadas…, non se veu rematada ata hai ben pouco. Remontándoo, vemos a súa orixe tamén nunha unión de ríos, o Tambo e o Urabamba; o Urabamba, parcialmente navegable, nace ao noreste de Cuzco, a 724 quilómetros da confluencia co Tambo. O Tambo á sua vez surxe de unir o Ene e o Perené; o Ene do Mantaro e o Apurímac.

 

 

Perdidos? Eu un pouco tamén. Pero por sorte ou por desgracia, non somos pioneiros nesta terra, e xa a recorreron diversas expedicións antes que nos poden orientar. National Geographic no 1971 enviou unha expedición de 3 homes, que determinaron que a orixe do Apurimac se encontraba nos glaciares do Nevado Mismi. Tal e como escribiron no seu artigo:

On October 15, 1971, we reached an ice-edged ridge above Carhuasanta, longest of the five headwater brooks. The Indians call that 18,200 foot summit Choquecorao … A thousand feet below the ridge we sighted a lake… We clambered down to quench our thirsts… Here at 17,220 feet was the farthest source of the mighty Amazon – more a pond than a lake, just a hundred feet across.

 

 

 

Esa foi a primeira presencia (posterior aos incas, xa que se atopou unha figuriña de ouro de carácter funerario) do ser humano en tan inhóspito cumio de orixe volcánico, a 5.597 m sobre o nivel do mar, 60 km da vila máis cercana, 160 do lago Titicaca, os mesmos 160 do océano Pacífico, 700 da capital do país… e un total duns… 6868 km desde Marajó!! Despois volveron expedicións en 1982, 85, 87

 

A última delas tivo lugar este ano, por científicos brasileños, que pretenden que esta fonte se faga oficial dunha vez por todas e ter así o record.

Despois de todo o percorrido, de recrearme coas maravillas que este “río-mar” ofrece aos visitantes, das escalofriantes cifras de tamaño nas que nos estamos a mover… a verdade, é que me da xa un pouco igual quen teña ou non razón, ou se as probas aportadas son concluíntes… O río non deixará de impresionarnos se na lista dos máis longos sae cun 1 ou un 2. E despois desta entrada para o meu blog, tan só me resta engadir… que mágoa que a viaxe fose virtual!!

 

[Fontes: demasiadas!! Pero están todas nos hipervínculos espallados no texto]

Advertisements

2 Responses to “Explorando o Amazonas”


  1. 1 raul 26 Novembro, 2007 ás 8:27 pm

    Estimados senhores

    Quando voces dizem “A exploración do Marañón realizouse durante a conquista dos españois, descubríndose o seu nacemento preto de Lima, no norte do actual Perú”, estao num grande erro.
    O descubrimento do Amazonas comec,ou em Quito, cidade capital do Ecuador que e quase como como dizer, que o portugues atual formousse perto de Madrid a oeste do atual Castilha, em lugar do Galicia.
    Enta~o, por favor tomara voces revissasem essa informac,a~o
    Obrigado pela atenc,a~o
    Raul Espinosa

  2. 2 Noé 5 Febreiro, 2009 ás 7:31 pm

    Coño, escribiuche como si fósedes varios os editores do blog. Demasiado traballo inútil para unha soa persoa, creo…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,340 (de momento...)
tracker

Arquivo


%d bloggers like this: