Viaxando ás antípodas…

Ant�podasDando o meu habitual paseo mañanero pola rede, atopei unha páxina bastante curiosa, na que, marcando un punto en Google Maps, móstranche o que hai na súa antípoda exacta. E, sabendo que as antípodas galegas se atopan en Nova Zelanda, díxenme: “vou ver que contan a 12.750 km” (en liña recta, atravesando a codia terrestre, que se hai que ir pola superficie a distancia xa pasa dos 40.000!). “Mira que se me atopo cun hobbit…”

Coruña - ColeridgePois ben, fun ao punto no que me atopo agora mesmo, no piso en Coruña, e… non hai nada salientábel. Trala decepción inicial de ver que a zona está despoboada, aumentando o “zoom” vexo que por cerca se atopa unha presa, e vexo tamén o Lago Coleridge, e decídome a investigar. Gracias a “mamá Wikipedia” descubro que o lago en cuestión non ten nada impactante: 47 km², sitúase ao norte do río Kakaia, e a 35 km ao noroeste de Methven. E ben, tamén vexo que o lago está 150 m sobre o nivel do río, o que levou a colocar na zona unha das primeiras instalacións hidroeléctricas do país. Ademáis, o río Kakaia non é un regato precisamente… 150 km, famoso polos salmóns, e crúzano nin máis nin menos que as pontes máis longas do pais de carretera e tren; ambas de 1750 m.

Satisfeitas as miñas inquedanzas coas masas de auga, quedábame buscar algo de información relacionada coa xente, en concreto co pobo cercano de Methven.

Methven, no condado de Canterbury, é un pobo pequeno, que vive do turismo: a proximidade dos Alpes Australes convérteo en bo aloxamento para os amantes do esquí. Ademáis, os paisaxes son fermosos, cheo das típicas fotos de postal. Hai tamén afición a volar en globo. E… serveu de aloxamento durante o rodaxe do “Señor dos Aneis”!! Resulta que moi cerca de aquí se recreou Edoras.

Foz - ChristchurchBen, satisfeitas as miñas ambicións de contactar coa Terra Media, quédame explorar o meu pobo natal, Foz, e o seu oposto xeográfico… Christchurch !! Non só acabo de dar cunha zona habitada… e que se trata da maior cidade da illa sur de Nova Zelanda, con preto de 400.000 habitantes. Coa de poucos lugares coas antípodas habitadas que existen… Pois ben, acercándome o máis que podo, comprobo que o meu barrioTrapero Pardo - Panorama Road coincidecunha zona residencial da cidade, e que a rúa Trapero Pardo de Foz se superporía á Hurst Seager Lane e maila Panorama Road… O meu portal coincide cunha vivenda!! Acabo de dar coa xente que vive máis afastada de min; inda que quixese alonxarse máis, non podería. Curioso.

( A maioría das imaxes podédelas ver a maior tamaño clickando nelas)

1 Response to “Viaxando ás antípodas…”



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: