Remata un curso máis…

E aquí seguimos e seguiremos, nesta querida escola de camiños, dándoo todo.

Facendo balance, como se soe dicir, “non me podo queixar”. A falta de saber a nota dun último exame, as expectativas iniciais parece que se cumpliron, e quizais empece o ano que ven co 1º ciclo liquidado, e co 50% dos créditos xa no peto. Que eses 6 créditos que me faltan os aprobe agora, en setembro, ou en decembro, son minucias, certo?
Agora ábrese un periodo estival no cal os plans iniciais non van máis aló de Ortigueira, pero no que non pecho portas a nada. Traballoss cutres e mal pagados; viaxes e “pasos de ecuador alternativos”; festas e romerías varias… Na miña cabeza rondan moitas ideas, a cal máis rimbombante. Que cheguen ou non a bon porto… háse de ver!

O que teño seguro son 3 cousas: durmir máis do necesario, dose diaria de praia (sempre que o tempo o permita), e algunhas escapadiñas nocturnas, nas que procurarei dirixirme á Mariña máis oriental, alomenos máis que en veráns anteriores. Sen faltar por suposto o goce de videar DivX na tele!!

E preguntarédesvos… e que será do teu blog?! Non podemos vivir sen el, convertécheste nunha referencia inesquecíbel, nunha lectura de almofada, nunha Biblia moderna!! [Dramatización]
Pois ben, en principio seguirei posteando coa frecuencia e calidade habituais, e manterei as miñas seccións fixas, como a de Minutos Musicais, ou o clásico post semanal de xeografía, inda sen nome recurrente.

Blogging RamosNembargantes, como tódolos bloggers de prestixio (e os seus burdos imitadores) sosteñen, unha tempada de parón estival é moi beneficiosa para a saúde e calidade, tanto dos contidos do blog, como dos seus ávidos lectores e suscriptores; e polo tanto, rendíndome á presión dos colegas, e a pesar do aluvión de críticas que pode provocar tan drástica medida, é moi probable que un par de semanas de verán se pasen en branco.

E sen máis que comentarvos, despídome, animándovos a que sigades visitándome estas primeiras semanas de verán, nas que manterei as seccións fixas, inda que probablemente con cambios na frecuencia das mesmas. E, se en serio chegades a botar de menos este blog cutre, pode ser unha sinal de que se achega o momento de crear o voso propio!

Apertas!!

Advertisements

0 Responses to “Remata un curso máis…”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,360 (de momento...)
tracker

Arquivo


%d bloggers like this: