As augas máis claras da Terra

Tan clara como os lagos máis cristalinos do planeta, tan salgada como a auga do océano, e case do tamaño do Mediterráneo; trátese, segundo investigadores, do sector do mar máis diáfano e sen vida. E atópase no medio do Pacífico.

“As imaxes de satélite que miden o nivel de clorofila nas augas oceánicas suxire que estamos perante un dos ecosistemas máis desertos do planeta”, explica Patrick Raimbault , da Universidade do Mediterráneo, en Marsella, Francia.

En outubro de 2004, Raimbault e os seus colegas partiron para estudar esta singular “balsa” de auga oceánica nun cruceiro de tres meses chamado BIOSOPE, que partiu dende Tahití, pasou pola Illa de Pascua, e rematou na costa chilena. No seu camiño, recolleron mostras para investigar a composición química, física e biolóxica da auga.

Marc Tedetti, da mesma universidade, estaba na expedición co propósito de investigar a claridade da auga. Quedou abraiado coa cor da mesma, que describe máis próxima ao violeta que ao azul.

Tedetti volveu recoñecendo esas augas como “inequivocamente” as máis diáfanas dos océanos da Terra. “Algúns corpos de auga doce teñen semellante trasparencia, pero tan só a máis pura”, declarou Tedetti a New Scientist. “Por exemplo, hai científicos que tomaron medicións semellantes no Lago Vanda, na Antártida, que se atopa baixo xeo, e é incriblemente puro.”

No punto máis claro, preto da Illa de Pascua, Tedetti descubriu que os Raios ultravioleta penetran máis de 100 metros baixo a superficie.

Esto correspóndese coas medicións de clorofila de Raimbault, que suxiren que a “balsa” contén unhas 10 veces menos clorofila que a que se pode atopar na maioría das augas oceánicas. Raimbault di que estamos antes a rexión mariña máis estéril coñecida polo home.

A zona atópase illada das correntes mariñas globais, o que pode explicar a súa ausencia de vida. Ao atoparse lonxe da costa non se ve afectada polas correntes convectivas costeiras, e a circulación termohalina que transporta auga oceánica por todo o globo, tamén se atopan maiormente ao longo das plataformas continentais.

Para rematar as cousas, este área do Pacífico non se beneficia das variacións estacionais que tenden a traer nutrientes dende o fondo mariño. En calquera outra parte, as temperaturas invernais arrefrían a auga superficial, facéndoas máis densas e causando que afundan e empuxen ás augas profundas, máis ricas en nutrientes, á superficie. Pero nesta zona do Pacífico Sur, as augas superficiais están mornas todo o ano, o que provoca que éstas tendan a “flotar” sempre sobre as augas profundas.

A pesar disto, a expedición atopou que esta zona é capaz de albergar unha cadea alimentaria, baseada fortemente na capacidade dos organismos de reciclar nutrientes. “Ao non haber suministros, non pode haber perdas”.

Raimbault fixo outro descobremento sorprendente: a pobre “balsa” é nembargantes rica en carbono orgánico disolto.

Actualmente o profesor atópase investigando os datos recollidos, nun intento de explicar a aparente contradicción, pero cre que se pode deber a que a limitada dispoñibilidade de nutrientes como nitróxeno ou fósforo causan que as bacterias que normalmente degradan a materia orgánica non son capaces de completar o labor.

Traducido dun artigo no New Scientist

Advertisements

0 Responses to “As augas máis claras da Terra”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,308 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: