Body Farm, o laboratorio máis “bestia”

Unha das cousas máis duras para os médicos é o acostumarse á morte, como dixo Asimov “Ironicamente o máis fundamental de todos os procesos da vida“. Este medo existe desde a prehistoria. De feito, durante o neolítico era normal que ao enterrar aos membros dun clan lles rompesen ou atasen as extremidades, para dificultar un póstumo regreso. Dito temor non ficou no terreo da superstición, senon que contaxiou á ciencia, o que retrasou o estudio científico da morte durante séculos. De feito, non foi ata 1971 cando se creou o primeiro laboratorio adicado ao estudo comprensivo da descomposición humana.

Body Farm (literalmente Granxa de Corpos) é un laboratorio fundado polo doutor William Bass en 1971 con fondos do Departamento da Antropoloxía Forense da Universidade de Tenessee. Este complexo, que ocupa unha superficie de algo máis de 100 hectáreas, atópase a ceo aberto, pero fortificado, xa que a súa visión non é moi agradábel. Centenas de cadáveres son constantemente depositados no seu interior, e deixados pudrir nunha dantesca imaxe que se asemellaría a un campo de batalla medieval. Este macabro experimento ten un fin lóxico e útil: estudiar profunda e detalladamente a descomposición humana. Gracias aos coñecementos brindados por este estudo, a ciencia forense avanzou enormemente, coñecéndose moito mellor a acción bacterial sobre os tecidos humanos. Que sería de Grissom e os seus colegas do CSI sen este laboratorio!!

A continuación déixovos un curto documental en inglés no que explican algo mellor o porqué do laboratorio, as motivacións para traballar alí, e se poden ver dantescas imaxes da “Granxa”.

Artigo traducido, con certa liberdade, de Anfrix, un blog bastante recomendábel no que podedes atopar cousas bastante curiosas.

0 Responses to “Body Farm, o laboratorio máis “bestia””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: