Tópicos do Cine

O protagonista masculino, inda que careza de atractivo físico ou intelectual, sempre acaba como parella da rapaza máis fermosa.

Inda que conduzcamos nun tramo costa abaixo, totalmente recto, deberemos xirar o volante a esquerda e dereita cada certo tempo.

Os malos, ainda que señan auténticos privilexiados dotados de mentes prodixiosas par o crime, nunca executarán ao protagonista, senon que o deixarán cos seus homes máis ineptos, para que así poda escapar.

Case calquera portátil ten potencia suficiente para reventar o sistema de comunicacións dunha civilización extraterrestre invasora.

Tras un homicidio, por sanguenta que seña a escena, o oficial ao cargo nin se inmutará, nembargantes o poli novato non poderá conter as náuseas, poñendo todo perdido.

A soas, os estranxeiros prefiren falar no idioma do protagonista.

O comisario de policía e os xuices son case sempre negros.

En cuestión de segundos, non hai pechadura que resista unha tarxeta de crédito ou un clip… a non ser qu esa porta seña a única dunha casa incendiada, cun neno atrapado.

No caso de casas encantadas ou con fantasmas, as mulleres investigarán calquera ruido vestidas tan só coa roupa interior.

Nas persecución a pé sempre se suben ou baixan escaleiras de incendios. Nos calexóns sempre hai vallas metálicas de considerable altura.

Nas películas xuveniles de terror, a rapaza máis fráxil derrota sempre ao psicópata asesino, axudada polo flipao de turno.

Nas películas xuveniles de terror, aqueles que intentan practicar sexo son sempre as vindeiras vítimas.

É moi probable que sobrevivas calquera batalla… a non ser que cometas o erro de ensinarlle a un amigo unha foto da túa moza.

A torre Eiffel vese con claridade desde calquera fiestra de París… se non de toda Francia.

As bombas van equipadas con temporizadores con pantallas de grandes números vermellos para que se sepa cando estoupará.

As comisarías de policía someten as axentes a tests de personalidade… para que sempre teñan como copañeiro a alguén totalmente oposto.

Os coches, cando teñn un accidente, case sempre acaban explotando, ardendo, ou ambas.

Os habitantes de cidades e pobos medievais tiñan unha dentadura perfecta.

Antigamente, nos interrogatorios a un sospeitoso, sempre había dous axentes, un violento, e outro conciliador; hoxe en día son policías estándar, pero que interpretan os papeis de “poli bon poli malo”.

Os sistemas de ventilación dos edificios son o escondite ideal: naide os revisará nunca, e ademáis, desde eles podese acceder a calquera parte do edificio.

Ninguén que participe nunha persecución de coches, secuestro, explosión, erupción volcánica ou invasión extraterrestre sufrirá un inoportuno desmaio.

Non importa a cantos rivais te enfrontes nunha pelexa de artes marciais: atacarán de un en un, mentres esperan con xesto agresivo, a que reventes aos seus compañeiros.

Se alguén te persigue no centro da cidade, poderaste ocultar entre os participantes do desfile de San Patricio (non importa a época do ano).

Se te pos a bailar na calle, todos os que pasen por alí coñecerán os pasos.

Se tes que facerte pasar por alemán, non é necesario que coñezas o idioma… basta con imitar o acento.

Sempre terás munición suficiente; e se tes que recargar a pistola, poderás facelo ainda estando desnudo.

Sempre se atopa aparcamiento diante do edificio ao que se vai de visita.

Toda persoa que sufra unha pesadilla, despertará de golpe e xadeará sudorosa.

Todas as bolsas da compra deben conter, como mínimo, unha barra de pan que sobresalga un pouco.

Un hombre non se inmuta mentres recibe unha paliza de campionato, pero quéixase cando unha muller lle limpa as feridas.

Unha vez aplicada a barra de labios, non se correrá nunca… nin facendo submarinismo.

[traducido de 13 monos, un blog de cine bastante recomendábel]

1 Response to “Tópicos do Cine”


  1. 1 Javier Ramalleira 20 Agosto, 2007 ás 11:47 am

    Rematou o parón, ata novo aviso…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: