Review: Carnivàle

Before the beginning, after the great war between Heaven and Hell, God created the Earth and gave dominion over it to the crafty ape he called Man. And to each generation was born a creature of light and a creature of darkness. And great armies clashed by night in the ancient war between good and evil. There was magic then, nobility, and unimaginable cruelty. And so it was until the day that a false sun exploded over Trinity, and man forever traded away wonder for reason.

Así comeza Carnivàle, unha serie impresionantemente ben ambientada nas Dust Bowl, na época da Gran Depresión, nos USA. Centrándose en dous grupos dispares de xente, uns feriantes, e unha congregación cristiá, a serie ideada por Daniel Knauf trata a batalla entre o ben e o mal, a discusión entre destino e libre albedrío; a mitoloxía da serie, sen poñerme a explicala (non podería inda que quixese!!) mistura teoloxía cristiá con agnosticismo e masonería. Incluso trata o concepto de avatares (AVATARA) da mitoloxía hindú.

Pensada como serie formada por 3 “libros” de 2 tempadas cada un, o seu elevado presuposto, de 3’5 a 4 millóns de dólares por capítulo, fixo que HBO, a productora que posúe os seus dereitos, cancelase a serie cando só se tiña emitido o primeiro ciclo.

As dúas tempadas emitidas, situadas nos anos 1934-35, tratan dúas liñas argumentais que van pouco a pouco converxendo.

A primeira trata dun xove con estraños poderes curativos, chamado Ben Hawkins, que se une á feira ambulante ao seu paso por Milfay, Oklahoma. Pouco despois, Ben comeza a ter pesadelos e visións, que o poñen no rastro dun home chamado Henry Scudder, un vello borracho que pasou un tempo na mesma feira, anos antes, e que aparentemente comparte as habilidades de Ben.

A segunda liña argumental conta a historia do irmán Justin Crowe, un pastor metodista que vive coa súa irmá en Mintern, California. Comparte os pesadelos de Ben, e pouco a pouco descubre en sí mesmo o poder de doblegar a vontade de calquera á súa propia, mediantes horribles visións que mostran as peores maldades da xente. Convencido de que está a realizar a labor de Deus, o irmán Justin entrégase á súa labor relixiosa, sen darse conta de que o seu inimigo Ben Hawkins e a feira se están achagando pouco a pouco.

A miña crítica persoal: unha serie impresionante, un “must-see” en toda regra. Un argumento que mezcla o drama cotidiano da crise americana cunha mitoloxía críptica e elaborada, e con feitos paranormais, que te vai absorvendo ata terte metido na historia. 24 capítulos de 45-55 minutos de duración, que te enganchan e te deixan en vilo ata que ves o seguinte… Uns personaxes ben definidos, cada un coa súa historia propia: Samson, Jonesy, Sofie, Lodz, Rita Sue… Iris, Norman, Tommy Dolan… A única “pega”: que non continuasen coa serie. Pero eso si, mellor dala por rematada ao final dun ciclo (que finalazo!!) que forzar a historia para abaratar costes…

2 Responses to “Review: Carnivàle”


  1. 2 Manji 12 Setembro, 2007 ás 12:06 pm

    E non esquenzamos que Samson e o anano siniestro de Twin Peaks están interpretados polo mesmo actor… (¿quizáis sexan o mesmo personaxe…?)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: