Maravillas do cerebro (ou… majaderías?)

O noso cerebro é un órgano incrible… Un cerebro sano, tan só mediante transmisión de “paquetes” de enerxía bioquímica entre as súas células, é capaz de procesar a información sensorial, controlar e coordinar o movemento, o comportamento, a cognición, as emocións, a memoria e o aprendixaxe. Segundo os últimos estudios, tamén se comeza a crer que aloxa ata os sentimentos, como nos conta Eduard Punset no seu último libro El viaje al amor.

Pero cando funciona mal, é capaz de distorsionar a nosa forma de percibir o mundo de xeitos insospeitados… Como mostra, un par de casos, recollidos de dous blogs imprescindibles: Ovejas Eléctricas, e Fogonazos.

  • O home que facía desaparecer media realidade

Henry, chamémoslle así para preservar a súa intimidade, apurou a última cullerada de lentellas. Cunha rutina propia de quen xa fixo esa operación milleiros de veces, Henry xirou o prato 180 graos, mentres mantiña unha conversa perezosa coa voz incorpórea que resoaba ao seu carón. Diante dos seus ollos volvou a aparecer da nada un xeneroso prato de lentellas, e Henry dispúxose a apuralo por segunda vez. Non era ningún mago, simplemente padecía unha curiosa patoloxía chamada neglect, caracterizada por un déficit de atención no lado oposto do espacio observado. Débese a un dano nun hemisferio cerebral, normalmente o dereito.

Henry buscou o vaso para beber outro grolo, pero xa non estaba donde o deixara a última vez, volatilizárase. O seu cerebro, de novo, estábase negando a ver todo o que había nun dos seus hemicampos visuais. “Que foi do vaso que había aquí hai tan só un anaco?” espetou Henry, molesto. “Velaí o tes, xunto ás miñas gafas, ao lado do pan”, respondeu a voz; e entón, de repente, apareceu o vaso xunto ao corpo da súa filla.

Os pacientes de neglect non soen ser moi conscientes de que desatenden media realidade, polo que é comun velos con tan só media cara afeitada, ou con só medio rostro maquillado. Debido a iso, cómpren ser instruidos e tratados para que señan conscientes da súa deficiencia.

  • O paciente H.M.

O paciente H.M. leva recluído nunha habitación en Hartford, Connecticut, desde finais dos anos 50. O seu caso contribuiu enormemente á investigación sobre memoria, dada a súa incapacidade para xerar novos recordos. Se unha persoa entra na súa habitación, H.M. fala con el e adquire certa confianza, pero si sae e volve a entrar tan só uns segundos despois, o paciente falará como se nunca o tivese visto.

Debido á súa incapacidade para recordar o que acaba de acontecer, o paciente H.M. pasouse anos facendo o mesmo crebacabezas, día tras día, e lendo as mismas revistas, sen que os seus contidos lle resulten familiares. H.M. vive por enteiro cos seus recordos a curto prazo, duns segundos de duración, e olvida instantáneamente o acontecido. A veces, mentres realizaba as probas neurosicolóxicas, o paciente atisbaba un intre o que lle estaba sucedendo: “É coma despertar dun soño -explicaba- simplemente non recordo”.

A causa da súa enfermidade está na operación para curar a epilepsia á que o someteron cando tiña 20 anos. Na intervención extraéronlle boa parte do hipocampo, unha zona do lóbulo temporal directamente implicada na creación de novos recordos e unha das primeiras áreas que sofren dano en pacientes de Alzheimer.

Trala operación, H.M. conservou intactos todos os seus recordos anteriores, pero todo o vivido desde entón non quedou rexistrado na súa mente. Hoxe en día, 40 anos despois, H.M. sigue crendose un rapaz de 20 anos, e cando se lle ensina unha fotografía de sí mesmo na actualidade, simplemente non se recoñece.

A súa incapacidade chega a tal punto que non recoñece a ningunha das persoas que se interesaron por él trala operación e que o visitan regularmente. Non aprendeu os seus nomes, nin recoñecería a ningún deles se os atopase na rúa. Cando lle informaron da morte do seu tío, ao que estaba moi apegado, púxose moi mal, inda que de seguido pareceu olvidar todo o asunto, e máis adiante preguntaba por el de cando en cando, si vería visitalo algún día.

Se seguides intrigados polo tema, vede este reportaxe de REDES, titulado ¿Por qué nos engaña el cerebro? E outro día falareivos do “Síndrome de Homer Simpson”. Tranquilos, é benigno…

Advertisements

0 Responses to “Maravillas do cerebro (ou… majaderías?)”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,340 (de momento...)
tracker

Arquivo


%d bloggers like this: