Clima familiar perturbador?

 O que chegaba a inventarse a xente para librarse da mili!!

Estimado señor Ministro de Defensa Nacional, permítame presentarlle respectuosamente o seguinte caso, referente á miña situación persoal, co fin de solicitar a miña baixa inmediata do meu deber no servicio militar.

Teño 24 anos, e estou casado cunha viúva de 42, a cal ten unha filla de 25 anos, que agora se converteu tamén en filla miña. O meu pai casou con ela, converténdose no meu xenro, xa que está casado coa miña filla. Por conseguinte, a miña filla converteuse na miña nai, por ser esposa de meu pai.

A miña muller e eu tivemos un fillo en xaneiro. Este neno converteuse no irmán da muller de meu pai, é dicir, no cuñado de meu pai. Como consecuencia, é agora o meu tío, pois é irmán de miña nai. Agora ben, como xa sabemos, o meu fillo é á vez o meu tío.

A muller de meu pai, estas navidades, tivo un fillo, que é a un tempo o meu irmán, por ser fillo de meu pai, e ao mesmo tempo o meu neto, ao ser fillo da filla da miña muller. Como resultado, agora son o irmán do meu neto, e como xa sabemos que o marido da nai dunha persoa é o pai desta persoa, resulta que son pai da miña muller, e irmán do meu fillo. Por conseguinte, son o meu propio avó.

Por este motivo, señor Ministro, prégolle que me conceda o dereito a regresar ao meu fogar, pois a lei prohibe terminantemente que pai, fillo e neto señan chamados a filas simultaneamente.
Confiando na súa comprensión, reciba un cordial saúdo.

Esta persoa foi eximida do servicio militar obligatorio coa seguinte mención no seu expediente: “Estado psíquico inestable e preocupante, con transtornos mentais agravados por un clima familiar perturbador”

P.D. Non entendo o de “pai da miña muller”…

0 Responses to “Clima familiar perturbador?”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: