VuelosBaratos.es – Análise patrocinada

Boas, damas e cabaleiros!! Canto tempo, non si? E que… xa vedes, entre que cuarto de carreira me rouba máis tempo do que tiña pensado, e que me unin a unha nova oleada do fotolog (no cal podo escribir máis a miudo, porque non me impoño uns criterios mínimos de calidade como fago aquí), pois non teño o tempo suficiente para actualizar a un ritmo adecuado…

Pero agora aquí me tedes… escribindo… un artigo patrocinado!! Xa vedes, todo o mundo ten un prezo, o meu… está posto á dereita. Pero veredes, neste tema, son novo e inexperto, así que en principio, non sei como  saldrá, os de vuelosbaratos.com son uns coelliños de indias, non sei si me admitiran unha análise escrita en galego, xa que a web vai dirixida a toda España… Bueno, xa protestarán si eso!! Voume poñer ao lío…

VuelosBaratos.com é un buscador especializado en ofertas de vós de baixo custo. Baséase nunha premisa sinxela e inxeniosa: tí introduces a cidade de orixe e a de destiño, e o día do vó, e xa eles se encargan de buscar nunha serie de páxinas de ofertas de viaxes, de diversas compañías, e dánche unha lista dos resultados, ordeados de menor a maior prezo. Realmente a idea é moi boa… pero eu correxiríalle unhas pequenas pegas:

  • Ten unha opción de comparar con outros medios de transporte (tren, bus, ferry…), que sería xenial se funcionase. Pero, por exemplo, desde A Coruña, non colle ningunha opción alternativa ao avión para ir a Madrid. Pero… é que tampouco ofrece alternativas para un viaxe A Coruña-Vigo!! Sei que é unha páxina que se especializa nos vós, pero, se ofrecedes unha opción, asegurádevos de que funciona… Só conseguin que funcionase para un traxecto, Madrid-Barcelona.
  • Si se lle pon un viaxe pouco común, como destino as Illas Vírxenes ou as Maldivas, non atopa nada.

Sen embargo, a idea é boa, e tamén me gusta a interface que diseñaron, con Google Maps integrado para buscarse aeroportos alternativos pola zona… Ademáis, pódese filtrar a búsqueda, iniciar unha nova desde os resultados… É unha boa iniciativa, quitándolle eses pequenos detalles, a páxina presta un servicio interesante, novedoso… Traballando un pouco, poden convertirse nunha referencia no mundo dos viaxes “low-cost” en España.

E nada máis, xa completei o mínimo de palabras, así que… Boa viaxe!!

Advertisements

0 Responses to “VuelosBaratos.es – Análise patrocinada”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,318 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: