A cidade amurallada de Kowloon

En 1842, cando China cedeu a illa de Hong Kong ás autoridades británicas, reforzou a presencia militar na zona, amurallando un pequeno forte na península de Kowloon, que fora contruido no século anterior para evitar incursións piratas.

En 1899, un novo tratado fixo que gran parte da costa cercana á illa pasase tamén a control inglés; sen embargo, o documento excluía o forte, que seguía baixo control chinés. Así, o goberno da dinastía Qing seguía mantendo un pequeno espacio dentro do territorio colonizado, de tan só uns 200 x 100 metros.

Máis tarde, en 1911 coa caída da dinastía e a proclamación da República, as autoridades chinesas despreocupáronse, e a zona pasou a ser “unha mostra da China tradicional” para os turistas que se achegaban a Hong Kong. Ainda que seguía baixo dominio teórico de China, foi deixada á súa sorte; cando os británicos pretenderon tomar o control, os seus habitantes impedírono ameazando cun conflito diplomático.

Esta situación mantívose ata a Segunda Guerra Mundial, na cal o enclave foi conquistado polos xaponeses, quenes derribaron gran parte do mesmo, así coma a muralla, para conseguir material co que construir o cercano aeroporto Kai Tak. Os habitantes orixinais abandoaron, por suposto, o barrio, xa que, os que inda tiñan casa, non o atopaban confortable (a presencia do aeroporto estropeaba o diseño dacordo á filosofía Zen do asentamento).

Sen embargo, trala rendición de Xapón, o territorio volveu a ser unha incógnita: oficialmente en mans de China, a policía de Hong Kong non se atrevía a entrar, e ante esta situación, converteuse nun “burato negro diplomático”, e a el chegaron refuxiados que fuxían da fame na China Comunista, fundada no 1949. Era un paraíso no que podían vivir entre iguais, sin ser censados, sin pagar impostos, sin goberno algún.

Desafortunadamente, esa situación de “limbo” tamén atraía a okupas, drogadictos, e mafias, que abriron burdeles, fumaderos de opio, casas de aposta… As Tríadas fixeronse fortes, e tiveron o control da zona ata os 70, mantendo atemorizados aos veciños, e impedindo a chegada de visitantes. Cando a situación se fixo insostíbel, a policía de Hong Kong combatiuna, entrando á forza na cidade (aproveitando un incendio) e desmantelando as organizacións mafiosas.

Coa derrota das Tríadas, o control pasou a ser soamente dos cidadáns, e as únicas preocupacións, obter auga (de pozos), electricidade (pinchando a rede eléctrica de Hong Kong), traballo (apareceron fábricas clandestinas, restaurantes, dentistas coa calificación chinesa de antes da Revolución e que non podían permitirse a licencia na metrópole colonial, mercados que abastecían de comida, escolas…). Surxiu unha comunidade libre, anárquica, relativamente autosuficiente…

E a poboación medrou espectacularmente. Así, dado que non se podía construir fora do territorio orixinal (equivalente a tres campos de fútbol), a comunidade iría expandíndose cara arriba e achicando as súas calles máis e máis, entrelazándose edificios construidos e reformados sen control algún, ata formar unha única macroestrutura, monolítica. Literalmente convertiuse nun laberinto de corredores a distintas alturas.

Con 50 mil habitantes e 0.026 Km2 de extensión, Kowloon rexistraba o récord de densidade de poboación: 1,9 millóns de habitantes por quilómetro cadrado (dúas personas por metro cadrado!!).

Sen embargo, cando máis próspera era a extraña comunidade, o goberno chino e o colonial acordaron por fin unha medida a tomar co outrora forte: destruilo. Non podían permitir unha comunidade tan grande de persoas vivindo á marxe de calquera lei, cun nivel de vida tan baixo e unhas condicións sanitarias tan precarias. Entre o 1992 e o 1993 evacuaron a cidade e reubicaron a poboación, indemnizándoos xenerosamente, e no 1993 volárona. No seu lugar situouse o “Kowloon Walled City Park“, no que se poden atopar algúns restos a modo de monumento.

A continuación déixovos unhas fotos do barrio nos anos 80 e comezos dos 90, así como un vídeo, para facervos mellor a idea de superpoboación do lugar.

Fontes: 1, 2, 3

Advertisements

1 Response to “A cidade amurallada de Kowloon”


  1. 1 fact funny 19 Decembro, 2007 ás 7:31 am

    Had some thoughts about this a couple of weeks ago, but..as always i tend to forget things like this.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,340 (de momento...)
tracker

Arquivo


%d bloggers like this: