Viaxar no tempo a partir de maio?

Reconozco que a noticia que recolle o “gran” periódico 20 minutos na súa sección tecnoloxía e videoxogos [WTF!!] teña pouca credibilidade, pois falan de… viaxes no tempo? colisionadores de harones? científicos rusos? Tíos, deixade as drogas…

Pero sen embargo, teñen unha base científica real, aínda que saben tanto do tema como calquera simio ao que lle regalen un ordenador e un título de periodismo.

Resulta que a partir do vindeiro mes de maio, no CERN, o maior laboratorio de física de partículas do mundo, situado preto de Xinebra, Suiza, inaugúrase o LHC (Large Hadron Collider, ou Gran Colisionador de Hadróns). Os hadróns son partículas subatómicas, compostas de quarks, e que experimentan a forza nuclear.

O LHC será o maior acelerador de partículas ata o de agora (será un túnel que traza unha circunferencia de case 27 km, máis ou menos como na foto), e nel preténdese buscar, nas colisións que se provoquen, o escurridizo Bosón de Higgs, a única partícula (xunto co gravitón) das previstas no Modelo Estándar da Física de Partículas que inda non se observou. Esta partícula sería intermedia entre o fotón (sin masa, causa forza electromagnética), e outras partículas subatómicas (con masa, causan forza nuclear débil).

Pois ben, o que os matemáticos Irina Aref’eva e Igor Volovich teorizan é que,dentro da física teórica, a forza destas colisións de partículas subatómicas poderían alterar o tecido do universo, orixinandose “rexións cerradas do espacio-tempo que violen a causalidade”, e creando, todo obviamente de forma hipotética, unha ponte de Einstein-Rosen, coñecida popularmente como Burato de Verme.

Estes buratos son características topolóxicas do espacio-tempo hipotéticas, descritas polas ecuacións da relatividade xeral. O físico John Wheeler introduciu o termo como unha analoxía cunha mazá: “si o universo fose unha mazá, o tecido espacio-tempo sería a monda, e un verme que roese un burato tería que recorrer unha distancia moito menor para chegar dunha parte á outra que se fose a través da superficie”. Así, estamos falando dunha especie de atallos espacio-temporais.

Obviamente, todo isto é moi teórico, naide viaxará no tempo nun futuro próximo. Ademáis, de formarse o burato, sería de proporcións subatómicas… O único que pretenden é atopar isto: son as liñas que trazaría a traxectoria dun Bosón de Higgs, a forma que teñen de detectalo (non me miredes, eu tampouco entendo nada).

Como nota adicional, Diego Martínez Santos, un físico natural de Foz e que estudiou na Universidade de Santiago está colaborando co CERN. Os de Foz somos unha potencia en ciencias… (ejem)

0 Responses to “Viaxar no tempo a partir de maio?”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: