Un novo país ex-Iugoslavo: e xa van…

escudo_kosovo.jpgOnte, día 17 de febreiro de 2008, un novo Estado proclamou a súa independencia: Kosovo.

Famoso a finais dos noventa pola intervención da OTAN, a meirande parte da xente non coñece máis sobre o territorio. Así que hai vou, a intentar dar unha idea xeral…

bandeira_kosovo.jpgEste novo Estado ocupa unha superficie de 10.887 quilómetros cadrados, en torno á fronteira serbio-albanesa. Nel viven uns 2,2 millóns de persoas, e a súa capital é Pristina.

Históricamente este territorio asóciase con ser a orixe do pobo serbio; polo tanto, na época da gran Iugoslavia como país único, recoñecéranlle certa autonomía e privilexios, nomeándoa Provincia autónoma socialista de Kosovo. Trala guerra de Iugoslavia e a súa disgregación, pasou a formar parte da República Federal de Iugoslavia, chamada posteriormente Serbia e Montenegro, e dende o 2006, Serbia por unha banda e Montenegro pola outra.

mapa_kosovo.jpgPois ben, Kosovo, durante o goberno de Slovodan Milosevic da RFI, veu como se reducía a súa autonomía e se intentaba introducir no territorio a colonos de orixe serbio, para aumentar a súa proporción respecto aos maioritarios albaneses. Esto ocasionou anos de tensión e conflictos separatistas, ata que no ano 1999 estalou a Guerra de Kosovo, entre a RFI e as tropas da OTAN en apoio do pobo albanokosovar.

Coa fin do conflicto, Kosovo quedaba de novo legalmente baixo dominio serbio, pero de facto o goberno recaia en mans da UNMIK, administración provisional de Nacións Unidas para a zona.

E logo de anos de disputas e negociacións, Kosovo proclamou unilateralmente a súa independencia, e ainda que foi aceptada por varios países e organizacións como os Estados Unidos ou a Unión Europea, Serbia inda non recoñece o novo Estado. Por certo, da nova bandeira non deberon imprimir ainda moitas copias, xa que ben vedes con cal celebraban a súa independencia…

celebracion_independencia_kosovo.jpg

Bueno, diredes: Eslovenia, Croacia, Bosnia, Serbia, Montenegro, Kosovo, e Macedonia. Xa non quedarán máis países por aparecer, verdade? Eu só direi unha cousa: Voivodina. Só hai que darlle tempo…

Para que logo anden dicindo que se rompe España.

Advertisements

1 Response to “Un novo país ex-Iugoslavo: e xa van…”



  1. 1 Reflexión xeográficolímpica « Rama HAPPENS Trackback en 11 Agosto, 2008 ás 2:12 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,308 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: