Fílmase un electrón orbitando por primeira vez!

Investigadores suecos da Universidade de Lund lograron capturar en vídeo a un electrón empregando lásers capaces de emitir brevísimos pulsos de luz no rango dun atosegundo (1 atosegundo = 1×1018 segundos). Esta velocidade é o bastante rápida como para captar a viaxe dun electrón ao redor do núcleo atómico, cuxo xiro completo se realiza en 150 atosegundos.

A súa esperanza agora é estudiar como se comporta o átomo ao perder un dos seus electróns internos. O investigador Johan Mauritsson comentou: “O que estamos a facer é pura investigación. Si resulta que hay posibles aplicacións futuras, tomarémolo coma un bonus”.

Inda que non se trata dunha grabación de movemento no sentido tradicional, senón máis ben unha representación da distribución da enerxía do electrón, segue tratándose da primeira secuencia de vídeo do suceso completo. Os científicos explicaron que en intentos anteriores empregáranse métodos indirectos de captación.

 

Se queredes baixarvos o histórico vídeo: en formato avi o mov.

Resumido de Electron filmed for first time ever

E bueno, despois de este post, plantéome a seguinte cuestión: non será todo un fake? En ningún momento explican a forma de burlar o principio de incertidume de Heisenberg (que lle fixo plantexar a Schödinger o fermoso experimento teórico do gato na caixa). Segundo o principio de incertidume, non podes coñecer á vez a velocidade e a posición dunha partícula, xa que ao observala incides fotóns sobre ela, causando unha excitación que eleva a súa enerxía e modifica a súa posición e velocidade.

De todas formas, o principio de Heisenberg non ten (ou mellor dito, non tivo no seu día) o apoio de toda a comunidade científica: entre os seus detractores destacaba Albert Einstein, e as discusións a favor ou en contra do principio con Niels Bohr foron míticas (debates Bohr-Einstein… ao seu lado, onde queda o Zapatero vs. Rajoy?)

Advertisements

0 Responses to “Fílmase un electrón orbitando por primeira vez!”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,318 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: