O Experimento Brukhonenko

A finais de 1920 Sergei Brukhonenko conseguiu manter con vida durante 190 minutos a cabeza amputada dun can vivo. A cabeza do animal foi conectada a unha máquina corazón-pulmón bautizada por Sergei como o “autoxector”. O dispositivo supostamente dálle á cabeza todo o que ésta precisa para manterse con vida. A pesar das reticencias médicas e do carácter bizarro/gore do experimento, Sergei foi pioneiro na investigación e construcción da primeira máquina corazón-pulmón imprescindíbel posteriormente na ciruxía extra corpórea.

A carreira científica de Brukhonenko foi bastante polémica. Rodeouse de malentendidos e acusacións infundadas. Pero o tempo pon as cousas no lugar que lles corresponde, e hoxe os avances do científico figuran entre os principais logros da bioloxía e a medicina do século XX.

O experimento de Brukhonenko tivo lugar a finais do 1928 ante unha audiencia internacional de científicos no Terceiro Congreso de Fisiólogos da URSS. Por aquel entón as competencias internacionais abarcaban todos os campos da ciencia, e o circo mediático e propagandístico ruso gustaba de mecanismos populistas coma este ensaio.

Para demostrar que a cabeza do cadelo seguía con vida Brukhonenko realizou dous sencillos experimentos demostrando que respondía a certos estímulos. Golpeou a mesa cun martelo e a testa estremeceuse; iuminouna cunha linterna e os ollos responderon. Mesmo lle untou a boca con ácido cítrico e o can lambeuse.

O experimento do can de Brukhonenko fíxose famoso rápidamente en toda Europa, inspirando mesmo esta cita de George Bernard Shaw:

“Estou mesmo tentado de mandar cortar a miña propia cabeza, para que eu poda seguir dictando obras de teatro e libros sin ser molestado por enfermidades, sin ter que vestirme nin espirme, nin comer, nada máis que facer salvoproducir obras mestras de arte dramático e literatura.“

Clonado de Kurioso’s Weblog (en castelán)

0 Responses to “O Experimento Brukhonenko”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: