Pensando ainda a onde ir de vacacións? Que tal á Riviera Maia?

A Riviera Maia é unha zona turística situada na costa do Mar Caribe no Estado de Quintana Roo en México. Xeográficamente esténdese ao longo de 130 km de litoral, dende a localidade de Puerto Morelos ao norte ata Punta Allen no sur.

Como o seu nome indica, o viaxar ata aquí non é tan só visitar fermosas praias de palmeiras, augas cristalinas e area fina (moitos lugares che ofrecen iso). Na Riviera Maia ademáis podedes disfrutar do xacemento arqueolóxico de Tulum, un antigo porto comercial maia amurallado, nadar con delfíns no acuario natural de Xel-Ha, ou emular a Superlópez explorando os cenotes en El tesoro de Ciuacoatl.

A civilización maia habitou a América central na actual Guatemala e no Iucatán ao sur do México, cunha rica historia de cerca de 3.000 anos, tratándose dunha cultura meso-americana precolombina. Contrariando a crenza popular, o pobo maia nunca “desapareceu”, pois millóns aínda viven na mesma rexión e moitos deles aínda falan algúns dos dialectos da lingua orixinal.

Todo iso podédelo ter ao alcance a uns prezos incribles en Destinia.com. Nesta páxina non podería ser máis fácil comezar a planificar un viaxe, cun buscador por destino e outro por tipo de viaxe.

Ándale, cuates, que tenéis el viaje de vuestra vida al alcance de la mano, no más!

0 Responses to “Pensando ainda a onde ir de vacacións? Que tal á Riviera Maia?”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,293 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: