Primeiros pasos co Google Chrome

Pensabades que non iba a escribir sobre o tema, verdade? Non suelo facelo, a verdade, escribir sobre aquelo do que xa fala todo o mundo na blogosfera, pero… é que penso que o Chrome merece unhas palabras.

Descargueino o martes de madrugada, o día do lanzamento, pero non o instalei ata onte pola mañá. Foi entrar, para ver o Tuenti, ler o correo e as anotacións acumuladas no Google Reader, e bueno, antes que nada o primeiro que fixo o navegador foi pedirme o que me quería traer de Firefox. Ah, pois ben, trae todo, e a ver como queda o traslado. Ben, ben, o historial xa non o gardaba alí así que sigue en blanco, os marcadores están no seu sitio… buff, como teño o caixón de “futuribles” para o blog. E púxenme a organizalos… non ten xestor de marcadores! Hai que mover todo desde a barra…

Vale, feito. Agora, a navegar un pouco polas páxinas habituais, que quero encher os buratos da pestaña de inicio. Tuenti, Google Reader, IMDB, o taboleiro deste blog, Filmaffinity, Lavozdegalicia… Un momento… Aquí tiña, na barra de marcadores de Firefox, unha carpeta de prensa, na que estaban os marcadores RSS dos periódicos (non ten marcadores dinámicos, vaia). Bueno, pois poño enlaces ás portadas, que total, case sempre me saian cortados os titulares nos outros marcadores, e tiña que entrar a noticias que non interesaban solo para saber de que falaban.

Agora vou configurar un pouco os buscadores eses da que deron en chamar omnibarra. Básicamente teñen todo o que precisaba, simplemente vou cambiar as palabras clave de acceso ao buscador, añadir búsqueda directa de imaxes, mapas e xente no Tuenti…e voilà! Motores de búsqueda ao meu gusto… e cando colla un pouco de soltura, máis fácil que con Firefox, pois aquí acceder aos motores de búsqueda é todo por teclado.

Sigo navegando. A ver o correo… Gmail perfecto, para algo son da casa. Pero, oh, que vexo. Hotmail pide actualizar o navegador para poder “aproveitar ao máximo Windows ive Hotmail”. Pero home, que non ten nin un día, xa me pides actualizalo? Ah, no… que me mandas “escolle un dos seguintes exploradores: Internet Explorer, Firefox, Safari”. Pois vai ser que non… Ah, aquí hai botón de continuar con Windows Live Hotmail! Habelo dito antes! Resumen, que ver o correo en Hotmail será máis pesado… para algúns, eu leoo dende o messenger cun plugin.

Que máis, que máis… ah, vou practicar o meu deporte favorito: a caza de RSS. (Non en vano, xa teño 164 subscripcións no Reader). Vou a un blog xenérico… Oh!! Onde está o botón das RSS? Non detecta os feeds automáticamente e mos pon na omnibarra? Pero non se supón que collían o bon de Firefox? Bueno, agregar subscripcións novas pasará a ser unha aventura, como no Internet Explorer…

E bueno, finalmente, ao mirar para a barra de estado para ver si teño anotacións novas no Reader, e para manexar a música… descubro por fin, despois de case 2 horas navegando, por fin boto de menos extensións e plugins de Firefox. Por certo… e a barra de estado?

E ben, con todos estos defectos que vos contei en negriña, convertino no meu navegador predeterminado. Por que? Pois porque:

  • É rápido. Moi rápido. En serio, nunca navegara a tal velocidade. Vale, impresionarme a min non ten demasiado mérito, xa que ata ai cousa dun mes, co meu portátil/pataca, acostumaba a abrir 3 ou 4 pestañas, irme a preparar o desayuno, e volver a elas ao cabo de media hora, cando xa tiñan cargado… Pero non, nótase o cambio. Mesmo coa velocidade do Firefox que usaba ata o de agora no portátil novo.
  • Ocupa pouca memoria. Menos da que me imaxinaba con eso dos distintos procesos dende cada ventana… E ademáis, ten o seu propio administrador de tareas, e podes humillar a firefox comparando rendemento se escrebes about:memory na omnibarra.
  • É simple. Tan simple, que te olvidas de que cambiaches de navegador, usas un atallo de teclado de Firefox… e funciona!
  • A interface, o diseño, é sinxelo, minimalista… agradable. Nótase o selo Google.
  • Arrastrar as pestañas para crear novas ventanas. Fácil e sinxelo.
  • É unha beta 0.2! Así que, si, ten fallos, mesmo algúns xa se dedicaron a crearlle crashes que che reventen todo o navegador e non só a pestaña como predicaban (ver Kriptópolis)… pero eu voulle dar o meu voto de confianza para que siga mellorando. Cousa que non debería tardar moito, xa que… é de código aberto!
En fin, con isto tedes unha lixeira idea da miña experiencia. Debería adornar o post con algunha foto, captura de pantalla… poñer links… pero teño que poñerme a estudar. Cando teñades ocasión, probade o último producto do Nicest Monopoly Ever!
Advertisements

4 Responses to “Primeiros pasos co Google Chrome”


  1. 1 lois 4 Setembro, 2008 ás 12:57 pm

    Non sabía se probalo, pero entre microsiervos e ti, convencístesme (ti máis). Parece que coa miña conexión a 460.8 Kbps e a miña batería que non aguanta nin 42 min de VLC as vantaxes me conveñen.
    Parece mentira que a miña conexión de última xeneración (via bluetooth- via móvil) dé unha velocidade tan from the past!

  2. 2 lois 4 Setembro, 2008 ás 1:46 pm

    minto, 1.073267327 Kbps, xa dicía eu

  3. 3 4ndych 15 Setembro, 2008 ás 11:45 pm

    Jaja,gústame o teu estilo,aínda botei unhas risas co de portátil/pataca.
    Creo que te visitarei máis a miúdo.
    Por certo aclaráchesme moitas cousas sobre este navegador que,por certo outra vez,xa tiña instalado.

    Un saúdo

  4. 4 Javier Ramalleira 16 Setembro, 2008 ás 8:44 am

    Acabas de dicir as palabras que máis feliz poden facer a un blogueiro… “Creo que te visitarei máia a miúdo” jajaja
    Graciñas, alegrome que che guste o que fago, e que che servise de algo a anotación.

    Un saúdo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,318 (de momento...)
tracker

Comentarios

popo en Noite de Samain
Rama en Twitter
noé en Twitter
noé en Twitter
lipspoory en Minutos Musicais (10)

Arquivo


%d bloggers like this: