Archive for the 'Actualidade' Category

Bo Nadal!!

A todos os suscriptores, lectores habituais, ocasionais, xente que chega perdida a este blog a través de absurdas búsquedas no google: moi felices festas!!
Felicítovos hoxe porque, inda que quedan inda uns días para noiteboa, seguro que xa non son o primeiro, cada ano empeza esto antes… Ademáis, é a noite posterior ao solsticio de inverno, a noite máis larga do ano, e a que da comezo ao inverno; e máis importante, se maña toca o gordo, inevitablemente o blog quedaría de lado!! :-P
As fotos, deste fin de semana, intentando cruzar a ponte ata a vía vella, en Saldoira, A Pontenova. Xa levaba uns días sen chover.

Paz olímpica

Un breve post para demostrar que sigo vivo.

De seguro saberedes que hoxe se inauguraron os Xogos Olímpicos de Beijing 2008. Así que, pasando do ben que organizan as cousas os países baixo dictadura, e do rollo do pebetero, o desfile de delegacións, e demáis gaitas, vou facer unha breve reflexión…

Como supoño que saberedes, durante a celebración dos Xogos Olímpicos Clásicos da Antiga Grecia existía a costume de declarar unha tregua chamada a Paz Olímpica, segundo a cal se paraban tódolos enfrontamentos armados entre as distintas delegacións participantes.

Cando o Barón Pierre de Coubertin decidiu impulsar de novo a tradición dos Xogos Olímpicos, tamén pretendía recuperar as tradicións que os rodeaban, incluida dita tregua. E así, este luns o Secretario Xeral da ONU Ban Ki-Moon chamou ás nacións en conflicto a depoñer as armas, inda que fose só de xeito temporal.

Tivo éxito a proposta? Diríase que non. Non só as hostilidades que había antes da declaración continúan coma se nada: Crise de Darfur, Ocupación de Iraq, Conflicto Palestino-Israelí… Senón que ademáis:

Veña, festa!! Que gran poder de convicción ten a ONU nos tempos que corren. Que foi de Kofi Annan??

Non vou falar da ocupación do Tíbet, non vou falar da ocupación do Tíbet…


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,334 (de momento...)
tracker

Arquivo