Archive for the 'Chorradas' Category

Twitter

Agora deume por volver escribir nunha conta de twitter que tiña abandonada, e que xa logo ten… dous anos!! Anyway, si queredes estar en contacto conmigo e as miñas tonterías por unha vía máis, podedes visitar: http://twitter.com/ramafoz

Así que si vos queixades de que este blog está morto (con razón), podedes pasarvos ao extraño mundo do microblogging, no que podedes atoparvos con Shaquille O’Neal, Barack Obama, Britney Spears, ou Mauro Entrialgo, entre outros…

Política ficción: A provincia mariñá

Mapa do Antigo reino de Galiza

Cansado dos típicos análises de resultados tras unhas eleccións, e aburrido nunha clase, decidín deixar voar a imaxinación, buscando mundos máis agradables nos que vivir. E atopeime con isto:

Receita
1) Collemos os datos electorais por comarcas para a Mariña (dividida en Occidental, Central, e Oriental)
2) Imaxinamos as tres comarcas como unha pequena circunscrición eleitoral, con seis escanos a repartir, e aplicamos a regla d’Hont: o resultado, PP 3, PSdeG 2, BNG 1
3) Responde á pregunta: quen gañaría, seguindo a tradicional política de pactos, nesta (non tan) imaxinaria provincia mariñá? (NOTA: esto fíxeno pensando en poñer aos socialistas á fronte dunha deputación… ata que me decatei que non se elixen a partir das autonómicas.  As deputacións, esas grandes descoñecidas…)

 

Predicción

Jamal Crawford xogou 60 minutos e non fixo ningunha falta (3 prórrogas), cando 3 compañeiros se foron ao banco antes de tempo: dentro de 10 anos, no baloncesto NBA haberá equipo de ataque e de defensa, como no fútbol americano.

Os duros comezos de Youtube

Comentarios intelixentes

Para os non venezolanos, non é fake nin parodia dun programa de humor; é un narrador da canle TVes, Willy Oviedo, famoso por aqueles lares por meteduras coma esta.

Non necesito subtítulos!!

Meme: crea a portada dun disco

Preséntovos o primeiro disco do prometedor grupo 6th Wisconsin Volunteer Infantry Regiment, ou como eles mesmos se fan chamar para abreviar (e como homenaxe a certa serie de éxito), os Wisconsin Six. Un nome un tanto desafortunado, e máis tendo en conta que son 4 compoñentes…

O seu estilo garage rock recorda aos White Stripes. De feito, as malas críticas din que o seu estilo recorda demasiado ao de Jack e Meg… pois os 7 temas que compoñen este primeiro traballo, Walk in the sun, non son máis que diferentes versións pirata do tema I think I Smell a Rat.

O xogo consiste no seguinte:

Propóñovos o xogo para un momento de aburrimento; concretamente a vosoutros dous: Isma e Noé. (Quizáis os meus únicos lectores)


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,334 (de momento...)
tracker

Arquivo