Archive for the 'Enxeñería' Category

Vida subterránea en Montreal

Montreal, maior cidade do Quebéc, no sur de Canadá, non destaca polo seu clima precisamente, como xa vos poderíades imaxinar. Os -20ºC de media no inverno farían imposible unha calidade de vida aceptable… en condicións normais. Nembargantes, a cuarta maior poboación francófona do mundo está moi ben preparada ante tan crudas condicións. E é que en 1962 comezouse a construir o que se deu en chamar “ville intérieure” ou Réso, a máis ampla rede de galerías do mundo, na cal se atopan varias universidades, 11 estacións de metro, 7 grandes hoteis, 62 inmobles, 2727 casas e 1800 comercios.

Esta “cidade baixo a cidade” está constituida por 32 kms. de galerías repletas de tendas, un parque de atraccións, cines, teatros, museos, edificios de oficinas, parkings… todo enmarcado nun ambiente luxoso, envolto nunha paisaxe artificial de lagos, xardíns e fontes que fan olvidar os metros de terreo que hai por riba. Polas súas 160 entradas diferentes pasan cada día 500.000 persoas.

Moitos cidadáns de Montreal optan por vivir nun apartamento ou vivenda subterránea, que iluminan con luz natural a través de claraboias e teitos acristalados, e converten os 12 km² da “ville intérieure” na súa única cidade durante o largo periodo invernal. En Mont-Royal (nome orixinal) están tan orgullosos da súa cidade subterránea que celebran a “la Fête du Montréal intérieur et souterrain” e organizan unha maratón polas súas laberínticas galerías.

A continuación, un vídeo sobre a vila subterránea.

Visto en ovejas eléctricas.

Advertisements

Quen tirou da cadea?

Breve documental sobre a desaparición do Lago Peigneur, en Louisiana. Este desastre foi consecuencia dun pequeno erro nas prospeccións que estaban a realizar para unha plataforma petrolífera.

Máis información en Microsiervos, e en Oil Rig Disasters.

Carreteras sobre xeo

As carreteras sobre xeo, ou “Ice Roads“, son vías abertas durante a tempada de inverno e que facilitan o transporte con áreas illadas, sen carreteiras permanentes, especialmente en Canadá, Alaska, Siberia, e Escandinavia.

Unha das máis famosas, e máis empregada, é a “Denison’s road“, nos “Northern Territories” en Canadá.

Considerada a ruta máis perigosa do mundo, percorre máis de 500 quilómetros ata as minas de diamantes de Diavik e Ekati. O 85% do percorrido trascorre sobre lagos xeados, co risco de que o xeo fenda en calquera momento, tragándose aos camións que transportan todo o necesario para o normal funcionamento das minas (sobre 300.000 toneladas de combustible, explosivos, aceiro e formigón ao ano). Obviamente, a ruta só é transitábel nos meses máis duros do inverno, cando as illas nas que se sitúan as minas quedan conectadas con terra. Cada ano, a compañía “Nuna Logistics” reconstrúe a carretera.

[vía Fogonazos]

Continuar lendo ‘Carreteras sobre xeo’


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,360 (de momento...)
tracker

Arquivo