Archive for the 'Cine' Category

As películas dunha vida

O xogo vai de escoller, por cada ano que viviches, unha película estreada ese ano. Obviamente, non é necesario que a viras no ano do estreo (con un, dous anos…)

Criterio? Gustos, recordos asociados, películas que te marcaran… Algunhas veces escollerás, si o fas ben, películas que quizás che gusten menos que outras do mesmo ano, pero que teñan algo que as fixera especiais para ti. A min pasoume.

Aqui vai a miña lista. Espero as vosas?

2008 – Che, el Argentino
2007 – The Man from Earth
2006 – 300
2005 – Sin City
2004 – Million Dollar Baby
2003 – El Señor de los Anillos. El Retorno del Rey
2002 – El pianista
2001 – Shrek
2000 – Gladiator
1999 – El Club de la Lucha
1998 – Salvar al Soldado Ryan
1997 – La Vida es Bella
1996 – Trainspotting
1995 – 12 Monos
1994 – Forrest Gump
1993 – Jurassic Park
1992 – Reservoir Dogs
1991 – El Silencio de los Corderos
1990 – Eduardo Manostijeras
1989 – Indiana Jones y La Última Cruzada
1988 – ¿Quién Engañó a Roger Rabbit?
1987 – Depredador
1986 – Cocodrilo Dundee

 

 

 

And the winner is…

A noticia da gala non é que lle deran un Óscar a Bardem, nin que os irmáns Coen gañasen os premios máis xugosos; tampouco que, no ano da folga de guionistas, fose unha stripper quen gañase o mellor guión orixinal, nin sequera foi noticia que lle deran o mellor actriz a unha francesa… A noticia máis xugosa protagonízaa o técnico de son Kevin O’Connell, nominado ao Óscar a mellor mezcla de son por vixésima vez… e, por vixésima vez, tivo que poñer o home a súa cara de digno perdedor…

En fin, tralo análise persoal da noite, déixovos un cadro resumen dos premios.

Leccións de Cine

Hoxe vamos aprender o que é o slow-motion

Demasiado talento…

 

 

John Cazale non é un nome recoñecido, pero debería selo. Cando morreu, á prematura idade de 42 anos, tan só participara en cinco longametraxes:

 

Que teñen en común? Todas elas foron nominadas ao Óscar á mellor película. Iso xa fai de Cazale un caso único na historia de Hollywood, pero inda non xogara o italoamericano tódalas súas bazas…

 

No 1990, 12 anos trala súa morte, Francis Ford Coppola empregou imaxes de arquivo para que “Fredo Corleone” (o persoaxe de Cazale na saga) aparecese na terceira entrega.

E The Godfather: Part 3 tamén foi nominada a mellor película.

 

 

Tópicos do Cine

O protagonista masculino, inda que careza de atractivo físico ou intelectual, sempre acaba como parella da rapaza máis fermosa.

Inda que conduzcamos nun tramo costa abaixo, totalmente recto, deberemos xirar o volante a esquerda e dereita cada certo tempo.

Os malos, ainda que señan auténticos privilexiados dotados de mentes prodixiosas par o crime, nunca executarán ao protagonista, senon que o deixarán cos seus homes máis ineptos, para que así poda escapar.

Case calquera portátil ten potencia suficiente para reventar o sistema de comunicacións dunha civilización extraterrestre invasora.

Tras un homicidio, por sanguenta que seña a escena, o oficial ao cargo nin se inmutará, nembargantes o poli novato non poderá conter as náuseas, poñendo todo perdido.

A soas, os estranxeiros prefiren falar no idioma do protagonista.

O comisario de policía e os xuices son case sempre negros.

En cuestión de segundos, non hai pechadura que resista unha tarxeta de crédito ou un clip… a non ser qu esa porta seña a única dunha casa incendiada, cun neno atrapado.

No caso de casas encantadas ou con fantasmas, as mulleres investigarán calquera ruido vestidas tan só coa roupa interior.

Nas persecución a pé sempre se suben ou baixan escaleiras de incendios. Nos calexóns sempre hai vallas metálicas de considerable altura.

Nas películas xuveniles de terror, a rapaza máis fráxil derrota sempre ao psicópata asesino, axudada polo flipao de turno.

Nas películas xuveniles de terror, aqueles que intentan practicar sexo son sempre as vindeiras vítimas.

É moi probable que sobrevivas calquera batalla… a non ser que cometas o erro de ensinarlle a un amigo unha foto da túa moza.

A torre Eiffel vese con claridade desde calquera fiestra de París… se non de toda Francia.

As bombas van equipadas con temporizadores con pantallas de grandes números vermellos para que se sepa cando estoupará.

As comisarías de policía someten as axentes a tests de personalidade… para que sempre teñan como copañeiro a alguén totalmente oposto.

Os coches, cando teñn un accidente, case sempre acaban explotando, ardendo, ou ambas.

Os habitantes de cidades e pobos medievais tiñan unha dentadura perfecta.

Antigamente, nos interrogatorios a un sospeitoso, sempre había dous axentes, un violento, e outro conciliador; hoxe en día son policías estándar, pero que interpretan os papeis de “poli bon poli malo”.

Os sistemas de ventilación dos edificios son o escondite ideal: naide os revisará nunca, e ademáis, desde eles podese acceder a calquera parte do edificio.

Ninguén que participe nunha persecución de coches, secuestro, explosión, erupción volcánica ou invasión extraterrestre sufrirá un inoportuno desmaio.

Non importa a cantos rivais te enfrontes nunha pelexa de artes marciais: atacarán de un en un, mentres esperan con xesto agresivo, a que reventes aos seus compañeiros.

Se alguén te persigue no centro da cidade, poderaste ocultar entre os participantes do desfile de San Patricio (non importa a época do ano).

Se te pos a bailar na calle, todos os que pasen por alí coñecerán os pasos.

Se tes que facerte pasar por alemán, non é necesario que coñezas o idioma… basta con imitar o acento.

Sempre terás munición suficiente; e se tes que recargar a pistola, poderás facelo ainda estando desnudo.

Sempre se atopa aparcamiento diante do edificio ao que se vai de visita.

Toda persoa que sufra unha pesadilla, despertará de golpe e xadeará sudorosa.

Todas as bolsas da compra deben conter, como mínimo, unha barra de pan que sobresalga un pouco.

Un hombre non se inmuta mentres recibe unha paliza de campionato, pero quéixase cando unha muller lle limpa as feridas.

Unha vez aplicada a barra de labios, non se correrá nunca… nin facendo submarinismo.

[traducido de 13 monos, un blog de cine bastante recomendábel]

Febre Marela

Hoxe, día 25 de Xullo, celébrase en toda Galiza o día de Santiago, día da Patria, ou como quieran chamarlle. O caso é que é festivo… Ademáis, en “Santiago de Foz” (Nome real da parroquia, ainda que o patrón é San Lourenzo, cousa que explicarei noutro momento) é doblemente festivo.

Por ese motivo, e por causas do meu “metasonismo acelerado” (tendencia a durmir pouco) esta mañá estouna perdendo en actividades absurdas. Unha delas, en Simpsonizarme, cousa que non debera facer baseándome nunha foto recén levantado, feita co movil… pero xa me coñecedes.

Por outra banda, mañá é a estrea da película da que seguramente xa leístedes algo anteriormente no blog, e necesitaba un atuendo apropiado para lucir no messenger.

O resultado… francamente decepcionante. O parecido deixa bastante que desexar. Xuzgade vós mesmos…

Parón/Spider Cerdo

Amigos, tralo parón obrigado pola presenza, este ano bastante accidentada, en Ortigueira, volvo a Foz, e volvo ao blog. Máis como o meu portátil sufre unha grave falta de alimentación, non postearei desde el, e polo tanto, por comodidade… non postearei.

Tranquilos, as pezas defectuosas (batería e fonte de alimentación) xa están encargadas, espero que nuns días as recupere, e este curruncho da blogosfera volva a ser o mesmo… quizáis xa con 1000 visitas no seu haber?

Para que as búsquedas de google me axuden un pouquiño na miña ausencia, introducirei as palabras máxicas de todo blogger: COLEGIALAS CACHONDAS.

E ademáis, o que todos agardábades: a traducción do último trailer da película dos Simpson ao castelán. Como será a versión do “gag” que marca estes días a portada do noso benquerido “Rama HAPPENS”?


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,341 (de momento...)
tracker

Arquivo