Archive for the 'Conspiranoia' Category

Queredes ver o que hai trala cortina?

They must find it difficult… Those who have taken authority as the truth, rather than truth as the authority.

Zeitgeist (traducido literalmente do alemán como o espírito do tempo) é unha palabra que denota o clima intelectual e cultural dunha era.

Con este título coñécese un documental escrito e dirixido por Peter Joseph, que veu a luz en xuño do 2007 coa pretensión de “inspirar á xente para que comece a mirar o mundo dende unha perspectiva máis crítica e escéptica, e entender que moi a míudo as cousas son diferentes do que pensa a maioría da poboación.”

A pesar desta loable pretensión, o documental cae en tódalos tópicos do xénero “levantar conspiracións”: ataca á relixión, á Reserva Federal americana, desmonta o mito do 11-S, viola a lei de Godwin en repetidas ocasións, contén referencias a JFK

Sen embargo, vai máis aló, chegando a presentar un mundo futuro no cal só haxa un goberno e se controle a toda a poboación con chips (si, as referencias a Futurama son bastante claras), pretendendo así converterse na teoría conspiratoria definitiva. Só lle faltan algúns ovnis…

De todas formas, o documental en sí é bastante bo, os datos conspiratorios vanse introducindo pouco a pouco ata que se acaban creendo, e ademáis, proporciona bos temas de conversación para os botellóns.

Así que aqui vos deixo unha versión subtitulada en castelán, para que, si vos sobran 2 horas na vosa apretada axenda, lle botedes un ollo. De todas formas, está estructurada en tres capítulos (o primeiro para atacar ao cristianismo, o segundo para denunciar a conspiración do 9/11, e o terceiro para relacionar todo co Federal Reserve System dos Estados Unidos). Deste xeito, podedes ir vendoo comodamente por partes (como fixen eu).

Si queredes máis información, visitade a páxina oficial. Nela citan tódalas súas “fontes”.


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,334 (de momento...)
tracker

Arquivo