Archive for the 'Galiza' Category

Política ficción: A provincia mariñá

Mapa do Antigo reino de Galiza

Cansado dos típicos análises de resultados tras unhas eleccións, e aburrido nunha clase, decidín deixar voar a imaxinación, buscando mundos máis agradables nos que vivir. E atopeime con isto:

Receita
1) Collemos os datos electorais por comarcas para a Mariña (dividida en Occidental, Central, e Oriental)
2) Imaxinamos as tres comarcas como unha pequena circunscrición eleitoral, con seis escanos a repartir, e aplicamos a regla d’Hont: o resultado, PP 3, PSdeG 2, BNG 1
3) Responde á pregunta: quen gañaría, seguindo a tradicional política de pactos, nesta (non tan) imaxinaria provincia mariñá? (NOTA: esto fíxeno pensando en poñer aos socialistas á fronte dunha deputación… ata que me decatei que non se elixen a partir das autonómicas.  As deputacións, esas grandes descoñecidas…)

 

Noite de Samain

 

Samain (Samhain en gaélico) é unha festividade de orixe celta. Fai 3000 años en Galicia, Irlanda e en zonas de Gran Bretaña, os habitantes celebraban o Ano Novo, que se iniciaba co cambio de estación, coa colleita; e no cal se plantexaban os misterios da vida e da morte.

Os celtas crían que nesa noche a ventá que separaba o mundo dos vivos e os mortos desaparecía e as almas dos mortos regresaban a visitar os fogares terrenales. Para mantelos contentos, e alonxar aos molas espíritos, os celtas deixaban comida ou lambetadas fóra das casas; tradición que derivou, no Halloween anglosaxón, no típico “Truco ou Caramelo” dos cativos pedindo doces de porta en porta.

Despois, coa ocupación romana, éstes influenciaron ao mundo céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pomona. Máis adiante, coa implantación do cristianismo, os ritos celtas pasaron a considerarse paganos e mesmo satánicos. Para convertilos, decidiuse adoptar o festival celta a un cristián, e o primeiro de Samain pasou a ser coñecido como o día de Todos os Santos.

Actualmente, hai varias iniciativas para recuperar a festividade en Galiza, inda que a celebración do Samain nunca se perdera totalmente.

Tema visto no fotolog de Suso; e traducido da wikipedia

Día de Galiza

Hoxe, Día da Patria, paseino illado en Saldoira, aldea de meu avó, na Pontenova. E foi un dos mellores días de praia do verán, que sorte a miña…

Pero polo menos vin en directo a cerimonia para concederlle ao insigne señor Issac Díaz Pardo a medalla de ouro Castelao, a maior honra que pode recibir un galego. Merecida medalla, si señor, que vai ás mans dun dos homes máis queridos e admirados do país. Parabéns, Issac!!

Déixovos unha viñeta de Siro López vista no fotolog de Susín, para que o espíritu deste día dure polo menos un día máis.

Ciencia nos bares

Xurxo Mariño, investigador e profesor da Universidade da Coruña, é un dos máis destacados científicos do país. Nado na vila mariñá de Foz hai 38 anos, este xove neurofisiólogo pertenceo grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade da Coruña, o Neurocom. Imparte Estrutura e Función do Corpo Humano na Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía de Ferrol. E no plano investigador, chegou nin máis nin menos que ao MIT, o Massachusetts Institute of Technology, cun ambicioso proxecto co que pretenden entender como funciona o sistema nervioso central. O obxectivo final do Doutor Mriganka Sur, líder do laboratorio co que colabora, é reproducir o noso sistema neuronal nun circuito de ordenador.

Recordo que hai 4 ou 5 anos viñera darnos unha animada charla ao instituto de Foz, na que, aparte do emotivo do reencontro co pobo natal, se centrou nas ilusións ópticas, formas de “enganar ao cerebro” facéndolle ver o que non hai. E é que por aquel entón, dentro da inmensa complexidade do sistema nervioso, a súa investigación estaba centrada sobre todo na interpretación que o cerebro fai de estímulos visuais. Na súa experimentación empregaba gatos, aos que colocaba electrodos no cerebro para recoller os impulsos eléctricos que chegaban ata as súas neuronas.

Este ano, o científico embarcouse nun proxecto doutro tipo, máis divulgativo. Percorreu desde novembro ata abril algunhas vilas galegas realizando “cafés científicos” nos bares para falar cos “paisanos e veciños” sobre as curiosidades do cerebro humano.

 

Esta experiencia, que probablemente será repetida o próximo ano, desenvolveuse paralelamente cunha exposición itinerante sobre a mente, na que el participaba e que estaba financiada pola Consellería de Innovación e Industria. Mariño explicou que o seu traballo consistiu en “dar unha especie de charla-coloquio sobre o cerebro” e asegurou que á xente “lle resultaba bastante interesante, porque case todos temos un”, apuntou ironicamente.

 

Indicou que a idea xurdiu da escasa afluencia que tiñan as conferencias que organizaban el e o biólogo Casto Rivadulla, “puñamos carteis e anunciabámolo, pero non viña case ninguén”, dixo. Así que un día decidiron que se a xente non ía onde estaban eles, eles acudirían onde estaba a xente. “¿E onde estaban todos? Nos bares”, afirmou.

 

Especificou que ambos, acompañados dun actor, chegaban á taberna do pobo e invitaban a todo o mundo a un refresco, un café ou unha cervexa, á vez que aproveitaban para facer unha “emboscada científica”. A partir dese momento realizaban “experimentos psicofísicos” e o actor “interpretaba monólogos e facía un pouco de faranduleiro”.

 

Ademais, engadiu que segundo o tipo de bar no que pronunciaban a conferencia “a cousa cambiaba”, se “estabamos nun pub falabamos de temas de drogas ou se iamos a un bar de xubilados saían temas relacionados co soño”.

Máis info: 1, 2, 3
Un libro divulgativo que escribiu, gratuito en formato PDF: Os Dados do Reloxeiro

A Andorra galega

concellos_couto.jpgUnha república entre dous reinos, un lugar cheo de singularidades históricas e culturais, un símbolo da conexión entre a Galiza e Portugal. Asi é o Couto Mixto, un enclave de tres aldeas que durante séculos funcionou coma unha república independiente, na fronteira galaico-lusa.

O Couto Mixto estaba constituído polos lugares actuais de Santiago, Rubiás, e Meaus, tendo unha superficie aproximada de 27 quilómetros cadrados. Na actualidade Santiago e Rubiás pertencen ó Concello de Calvos de Randín mentres o de Meaus pertence a Baltar.

Atópase entre dúas cadeas montañosas, a do Cebreiro e a de Larouco Pena. Unha lenda conta que os veciños da zona protexeron unha vez a unha fuxitiva princesa embarazada, que deu a luz no Couto. Cando ela chegou a raíña otorgoulle grandes privilexios aos seus protectores. O neno foi San Rosendo, fundador de Celanova e Bispo de Mondoñedo. Nos mellores tempos documentados, a poboación no Couto chegou ao millar de habitantes; inda que hoxe tan só haberá unha cuarta parte, e a maioría de idade avanzada.

A orixinalidade do enclave foi que mantivo unha organización propia, desvencellada tanto de Portugal como de Galiza.

Así, as pequenas aldeas conformaron un territorio autónomo, unha pequena “república” que se rexía polas disposicións dos veciños, comerciaba libremente e non dependía na práctica nin de España nin de Portugal.

Un xuíz, ou xefe político, elexido polos veciños, constituía a máxima autoridade. de goberno, administrativa e xudicial, auxiliado por tres homes de cada aldea (chamados “homes de acordo“) e un vigairo de mes, o axente executor. Os homes de acordo posuían cada un unha chave, e as tres xuntas abrían un cofre no que gardaban os documentos oficiais.

Ao carecer dun señor feudal, evitouse que o embrión de Estado se cohesionase, polo cal hoxe non figura nos mapas. Sen embargo, mantivo durante séculos esta independencia de facto, que lle daba privilexios como non contribuir con homes a ningún exército, practicar un libre comercio sen dar contas a ninguén, polo chamado Camiño Privilexiado (un camiño inmune a acción dos gardas da fronteira, que comunicaba o Couto coa vila portuguesa de Tourém, atravesando terras galegas de Randín nun percorrido duns seis quilómetros que todavía hoxe se conserva). Recoñecían o dereito de asilo para fuxidos da xustiza hispana e lusa, e tiñan liberdade para cultivar tabaco e outros productos, cultivos que nos países veciños estaban fortemente controlados.

Cando en 1868 se rematou esta situación, o lugar foi un nudo de contrabando, traendo tabaco, menciñas, xabón, azúcar, bacallau e sal de Portugal, e en sentido inverso desenrolouse un curioso tráfico de calzado. Os portugueses entraban no Couto cos seus zapatos máis vellos, compraban uns novos a bo prezo, e volvían a pasar a fronteira, previo abandono do calzado vello na cuneta. Ningún garda fronteirizo puido nunca reprocharlles nada. Este contrabando estivo arraigado ata ben entrados os sesenta.

Desde fai anos, un grupo de veciños quere revivir a zona e recordar o pasado histórica das tres aldeas. Celebran para iso un festival a mediados de xullo, unha cerimonia na que rememoran o protocolo dos tempos históricos. Inda que seña difícil algo de recoñecemento actualmente, os veciños consegueronno recentemente, cando Portugal instalou uns muíños eólicos na serra de Larouco, fronteiriza con Galiza. Pero dous destes muíños estaban en terreos de pastos comunais do Couto, marcados cun pedrón coas iniciais C.M. Denunciada a situación, Portugal recoñeceu o erro, e agora paga uns 6000 euros anuais en concepto de aluguer.

Fontes: [I, II, III, IV]

O Folke Perzhon e Marzán

Nos albores do século XIX, un barco noruegués, o “Folke Perzhon”, encallou nos cantís entre a praia da Rapadoira e a de Llás, na costa focense. Os seus tripulantes foron rescatados sen perigo, pero os mesmos veciños que lles prestaron axuda cobráronse o prezo destrozando o pouco que se salvara da embarcación, aproveitando a madeira e ferro na construcción das súas vivendas.

Así surxiron moitas das primeiras edificacións do barrio de Marzán, no cal meu pai se criou. Concretamente, a casa na que pasou a súa infancia tivo unha porta fabricada con madeira daquel malogrado buque. E aínda se conserva nela unha barra metálica rematada en gancho, que servía e serve para pechar a porta polas noites, como parte do legado do navío nórdico.

Os anos pasaron, Foz medrou, e hoxe no cantil mil veces maldito polo capitán noruegués, cuxo nome se perdeu na noite dos tempos, luce unha maxestuosa ponte de madeira (non procedente do buque) que forma parte do paseo marítimo da vila. E como homenaxe ao barco que marcou o inicio de Marzán, hoxe en día o tramo da “carretera xeral” que vai dende a Fonte de Marzán ata a gasolinera, zona do pobo que está a experimentar un gran crecemento, leva o nome do navío que marcou a súa orixe: rúa Folke Perzhon.

Santa Compaña

A Santa Compaña é unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural. Tradicionalmente descrita como unha procesión de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorre os camiños dunha parroquia portando cirios ou velas, sendo o cheiro a cera o principal sinal de que a Santa Compaña anda preto.

A procesión adoita ir encabezada por un vivo, o cal porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Di a lenda que esta persoa permanece condenada a vagar coa procesión ata cruzarse no camiño doutro vivo o cal pasará a sustituilo ó facerlle entrega do caldeiro e a cruz. Para safar desta obriga de reemprazo, a persoa que vexa pasa-la Santa Compaña debe trazar un circo no chan e entrar nel ou ben deitarse boca abaixo.

A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento.

 A continución cóntovos unha lenda relacionada, sacada da páxina Lendas de Galiza.

E é que xa sabedes, a Santa Compaña é o Real Spirit of Galiza.

Continuar lendo ‘Santa Compaña’


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,341 (de momento...)
tracker

Arquivo