Archive for the 'Indignación' Category

Política ficción: A provincia mariñá

Mapa do Antigo reino de Galiza

Cansado dos típicos análises de resultados tras unhas eleccións, e aburrido nunha clase, decidín deixar voar a imaxinación, buscando mundos máis agradables nos que vivir. E atopeime con isto:

Receita
1) Collemos os datos electorais por comarcas para a Mariña (dividida en Occidental, Central, e Oriental)
2) Imaxinamos as tres comarcas como unha pequena circunscrición eleitoral, con seis escanos a repartir, e aplicamos a regla d’Hont: o resultado, PP 3, PSdeG 2, BNG 1
3) Responde á pregunta: quen gañaría, seguindo a tradicional política de pactos, nesta (non tan) imaxinaria provincia mariñá? (NOTA: esto fíxeno pensando en poñer aos socialistas á fronte dunha deputación… ata que me decatei que non se elixen a partir das autonómicas.  As deputacións, esas grandes descoñecidas…)

 

Advertisements

Paz olímpica

Un breve post para demostrar que sigo vivo.

De seguro saberedes que hoxe se inauguraron os Xogos Olímpicos de Beijing 2008. Así que, pasando do ben que organizan as cousas os países baixo dictadura, e do rollo do pebetero, o desfile de delegacións, e demáis gaitas, vou facer unha breve reflexión…

Como supoño que saberedes, durante a celebración dos Xogos Olímpicos Clásicos da Antiga Grecia existía a costume de declarar unha tregua chamada a Paz Olímpica, segundo a cal se paraban tódolos enfrontamentos armados entre as distintas delegacións participantes.

Cando o Barón Pierre de Coubertin decidiu impulsar de novo a tradición dos Xogos Olímpicos, tamén pretendía recuperar as tradicións que os rodeaban, incluida dita tregua. E así, este luns o Secretario Xeral da ONU Ban Ki-Moon chamou ás nacións en conflicto a depoñer as armas, inda que fose só de xeito temporal.

Tivo éxito a proposta? Diríase que non. Non só as hostilidades que había antes da declaración continúan coma se nada: Crise de Darfur, Ocupación de Iraq, Conflicto Palestino-Israelí… Senón que ademáis:

Veña, festa!! Que gran poder de convicción ten a ONU nos tempos que corren. Que foi de Kofi Annan??

Non vou falar da ocupación do Tíbet, non vou falar da ocupación do Tíbet…

Imageshack Sucks!!

Pos eso mismo, joderonme case tódalas fotos do blog sen aviso previo… Así que estarei un tempo cambiandome a Photobucket, e maldecindo ao vello servidor, morto para min. Algún día vingareime desta sucia afrenta, Imageshack!! Arrastrareite comigo ao averno!!!!

—Actualización: 21 de outubro do 2007—

Xa correxín os fallos que provocou imageshack. Algunhas fotos non as quitou, polo que as deixei colgadas alí de todas formas; espero que non se repita, ou terei que perder moito máis tempo. O que non vou deixar e que diminúa a calidade deste voso blog… :-)

En fin: que agora tan só me queda celebrar o traballo feito…

O Goberno Chinés prohibe aos lamas reencarnarse

Nun dos actos políticos máis absurdos da historia, China acaba de prohibirlles aos monxes budistas do Tíbet reencarnarse sen permiso do goberno. De acordo coas declaracións oficiais da Administración Estatal para Asuntos Relixiosos, a lei, que entrará en vigor o próximo mes e que estipula estrictamente os procedementos polos cales un se pode reencarnar, é “un importante paso de cara a institucionalizar o camiño cara a reencarnación”. Pero trala ironía ocúltase o verdadeiro motivo de China: cortar a influencia do Dalai Lama, o exiliado líder político e espiritual do Tíbet, e para controlar o establecemento da relixión budista da rexión, máis de 50 anos despois de ter invadido o pequeno país do Himalaya. Así, impedindo a calquera manxe budista residente fóra de China a búsqueda da reencarnación, a lei dalle ás autoridades chinesas o poder de elixir ao próximo Dalai Lama, cuxa alma, segundo tradición, renace como un novo humano para continuar o seu traballo aliviando o sufrimento.

Máis información na revista Newsweek; e aproveito desde aquí para sumarme ao berro de grandes persoaxes, como o axente especial Dale Cooper, ou a pequena Lisa Simpson: TÍBET LIBRE!!

Del Olmo manda parar a difusión do último número de “El Jueves”

Que en pleno século XXI a xustiza española censure unha publicación

Solidaridade con “El Jueves”!!


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,360 (de momento...)
tracker

Arquivo