Archive for the 'Política' Category

Política ficción: A provincia mariñá

Mapa do Antigo reino de Galiza

Cansado dos típicos análises de resultados tras unhas eleccións, e aburrido nunha clase, decidín deixar voar a imaxinación, buscando mundos máis agradables nos que vivir. E atopeime con isto:

Receita
1) Collemos os datos electorais por comarcas para a Mariña (dividida en Occidental, Central, e Oriental)
2) Imaxinamos as tres comarcas como unha pequena circunscrición eleitoral, con seis escanos a repartir, e aplicamos a regla d’Hont: o resultado, PP 3, PSdeG 2, BNG 1
3) Responde á pregunta: quen gañaría, seguindo a tradicional política de pactos, nesta (non tan) imaxinaria provincia mariñá? (NOTA: esto fíxeno pensando en poñer aos socialistas á fronte dunha deputación… ata que me decatei que non se elixen a partir das autonómicas.  As deputacións, esas grandes descoñecidas…)

 

Paz olímpica

Un breve post para demostrar que sigo vivo.

De seguro saberedes que hoxe se inauguraron os Xogos Olímpicos de Beijing 2008. Así que, pasando do ben que organizan as cousas os países baixo dictadura, e do rollo do pebetero, o desfile de delegacións, e demáis gaitas, vou facer unha breve reflexión…

Como supoño que saberedes, durante a celebración dos Xogos Olímpicos Clásicos da Antiga Grecia existía a costume de declarar unha tregua chamada a Paz Olímpica, segundo a cal se paraban tódolos enfrontamentos armados entre as distintas delegacións participantes.

Cando o Barón Pierre de Coubertin decidiu impulsar de novo a tradición dos Xogos Olímpicos, tamén pretendía recuperar as tradicións que os rodeaban, incluida dita tregua. E así, este luns o Secretario Xeral da ONU Ban Ki-Moon chamou ás nacións en conflicto a depoñer as armas, inda que fose só de xeito temporal.

Tivo éxito a proposta? Diríase que non. Non só as hostilidades que había antes da declaración continúan coma se nada: Crise de Darfur, Ocupación de Iraq, Conflicto Palestino-Israelí… Senón que ademáis:

Veña, festa!! Que gran poder de convicción ten a ONU nos tempos que corren. Que foi de Kofi Annan??

Non vou falar da ocupación do Tíbet, non vou falar da ocupación do Tíbet…

Análisis electoral

Todos os blogs por Galicia e España adiante están a falar do resultado das eleccións, algúns a Eurovisión, outros ao Congreso e o Senado… Pero como xa estaredes ata as narices de ler o mismo en todos lados, e obviamente xa sabedes o resultado, pois o que tiña pensado facer é un seguimento dos resultados na Mariña… Pero, suponse que a quen lle interese, xa o terá mirado na páxina do Ministerio de Interior, non é?

Así que non direi nada, tan só me quedarei co pensamento de Gaspar Llamazares, doído polo avance do tsunami bipartidista que os arrollou… Paréceme o mellor resumo dunha xornada electoral na que os 2 grandes teñen motivos/escaños abondos para celebrar ou para consolarse…

Agora entendo o de Animal político

En novembro de 1988 o macaco Tião presentouse á alcaldía de Río de Janeiro baixo as siglas do Partido Bananista Brasileiro e obtivo máis de 400.000 votos. A idea de presentar a un mono como candidato surxíu dun grupo de humoristas que pretendía poñer en evidencia a falta de preparación do resto de aspirantes, pero a resposta popular superou tódalas expectativas.

Cun 9,5% do total dos votos, o Macaco Tião convertiuse no terceiro candidato máis votado da xornada, e nunha celebridade de por vida, ata o punto de que a cidade lle dedicou unha estatua trala súa morte. Por suposto, o Tribunal Electoral nunca recoñeceu a validez dos votos.

Pero non é o único caso: anos antes, en 1958, un rinoceronte chamado Cacareco presentouse ás eleccións de Sao Paulo e conseguiu gañalas holgadamente con máis de 100.000 votos. A iniciativa foi unha forma de protestar perante a corrupción dos demáis políticos, e dende aquela os votos protesta en Brasil siguen coñecéndose como votos cacarecos. Isto inspirou o Partido do Rinoceronte de Canadá cuxo simbólico líder tamén é un destes simpáticos animais.

Pero non só en Brasil se fan estas animaladas. En 1968, o Partido Internacional da Xuventude (coñecidos como os Yippies) intentou presentar, sen éxito, a un porco como candidato á presidencia dos EEUU. Non entendo como non arrasou nas votacións, cun candidato de nome tan sonoro como Pigasus.

E se esto se intentou facer nunhas eleccións xerais, imaxinádevos nas locais!! De feito, existen casos nos que o alcalde legal dunha poboación foi un non humano: sucedeu en diversas comunidades unincorporated  como Rabbit Hash, Kentucky, onde o alcalde na actualidade é Junior Cochran, un labrador negro. En Sunol, California, foi Bosco, tamén un labrador negro… durante 10 anos!! Pero o meu caso favorito é o de Lajitas, Texas: toda unha saga familiar de cabras bebedoras de cerveza.

Fontes, e máis casos graciosos: Non-human elestoral candidates (Wikipedia); Zoon politikon; Votar a un chimpancé

[Nota mental: próximo geopost, sobre Unincorporated areas; total, ninguén os le, a pesar de que neles é onde poño os meus principais esforzos… sniff]

Yippie Kay Yay America!!

John McLane, presidente.

Entrevista con Xavier Zumalde

Levo días e días esperando que nos poñan R no piso outra vez, despois do parón do verán. Así que, estes días, estiven abandoando, forzado polas circunstancias, este blog. Pero hoxe decidín sacar un tempo para visitar a aulanet e baixarme uns cantos capítulos que levo retrasados, e ben, xa que estaba, pois decidín matar un rato o tempo, escribindo un post. E lendo o periódico 20 minutos (a versión de papel, máis que nada por ser gratuita) atopeime con esta entrevista co primeiro líder militar que tivo a banda terrorista ETA, e que me chamou bastante a atención:

BIO Está a punto de cumplir los 70. Está casado con Sabina, que también formó parte de ETA en su juventud. Ahora es inventor y tiene dos hijos: un ingeniero físico y un pescador. En la imagen, muestra algunos de sus inventos.
“Me pasé al lado bueno” en 1976, aprovechando la amnistía después de la muerte de Franco. “Lo dejé porque cuando hablan las urnas, callan las armas”. Ahora, 30 años después, es inventor y asegura que no tiene miedo de que ETA le meta un tiro: “Soy el padre de la criatura y nunca he traicionado a nadie”.

¿ETA está acabada?
Sí. ETA son cuatro tíos y un tambor para hacer mucho ruido. ETA no tiene doctrina, sólo odio. La ETA que nosotros fundamos creía en un ideal y en una patria. Nuestra doctrina era Euskadi, pasábamos del marxismo.

¿Cómo ha valorado la última negociación entre el Gobierno y ETA? ¿Al parecer ésta era la verdadera oportunidad de paz?
Soy un desengañado de la política. Todo ha sido una comedia. Ya no me considero vasco ni nacionalista. No tiene sentido, soy un ciudadano del mundo.

¿ETA dejará las armas?
No lo sé, me preocupa la juventud vasca. Para muchos ETA es una atracción, un poder psicológico. Hay que tener en cuenta que, si no hubiera existido ETA, el País Vasco estaría ahora con el mismo nivel de autonomía. El nacionalismo es un engaño. La independencia ahora no tiene sentido ni posibilidad.

Las últimas operaciones policiales han demostrado que ETA sigue teniendo fuerza.
Los medios le dais más fuerza de la que tiene. Sus manuales de armas y explosivos fueron escritos por mí, con algunas sofisticaciones que han incluido. ETA está acabada militarmente.

¿Tiene futuro el plan soberanista de Ibarretxe?
Ibarretxe es un tonto del haba. Si ahora hubiera ese referéndum, la sociedad vasca diría que no. Su plan es una chorrada. El PNV no ha sido independentista en su vida. El PNV es una oligarquía sumergida, un aparato económico que no tiene ni doctrina ni líderes.

Su relación con el PNV no es muy buena.
Soy muy crítico con ellos y con su corrupción. Ellos me vinieron a pedir ayuda cuando se mascaba el golpe militar a finales de los setenta. Con mis armas les ayudé a crear el M-35, un grupo de guerrilleros de élite cuya misión era tomar Euskadi en 48 horas si se producía el golpe. El PNV lo tenía todo preparado, pero cuando el golpe fracasó, ya no les hice falta. Junto con el PP me cerraron el museo de ETA que quise abrir en 2004.

¿Se arrepiente de su pasado etarra?
No, porque luchábamos por la libertad y contra la dictadura. Entonces éramos jueces y verdugos. Aunque fui el jefe militar de ETA durante cuatro años, no tengo delitos de sangre. Y eso que he tenido guardias civiles de rodillas implorando por su vida. Me di cuenta de que ninguna ideología se merece la muerte de una persona.

Ahora es inventor.
Sí, me han elegido inventor de 2007. Ya tengo ocho patentes. Cuando era malo diseñé metralletas, pistolas, bombas, incluso un rifle Winchester, a lo Pancho Villa. Ahora quiero ayudar a la gente y, por ejemplo, estoy trabajando en un vehículo que ayude a la desactivación de minas. No para uso militar, sino civil.


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,341 (de momento...)
tracker

Arquivo