Archive for the 'Rama véndese' Category

Escapamos a Benidorm?

Estamos comezando un novo fin de semana de xullo, e estamos tirados no sofá sin saber que facer. Que tal unha escapadiña? Buscámonos un bo alquiler de coches, convencemos a uns cantos amigos para pagar e conducir a medias unha furgoneta, e vamos liala a Benidorm!

Que por qué Benidorm? Pois porque é un dos destinos meditarraneos máis coñecidos polas súas praias e vida nocturna, o paradigma do Boom turístico en España, e un claro exemplo de urbanismo salvaxe (é unha pena estragar o litoral construindo enormes monstruos de formigón e aceiro, pero alomenos da tema de conversación para as longas horas de torrarse ao sol e torrarse nos bares…)

Benidorm experimentou nos últimos anos unha transformación urbanística extraordinaria, que fixo que a súa poboación pasara dos 5.000 habitantes a finais da década dos 50, ata chegar á cifra actual.

Por outra banda, Benidorm é a localidade con máis rañaceos por habitante do mundo e a segunda en relación ó número deles por metro cuadrado, despois de Manhattan. O maior edificio de España, o Hotel Bali III, atópase en Benidorm. Tamén deu comezo a construción do edifico residencial máis alto de Europa (200 m.).

Todo iso podédelo ter ao alcance a uns prezos incribles en Destinia.com. Nesta páxina non podería ser máis fácil preparar unha escapada de fin de semana, cun buscador de alugueres de coches comparando prezos de diversas axencias, e podemos buscar tamén habitacións de hotel no lugar de destino, case sen mover un dedo.

Pensando ainda a onde ir de vacacións? Que tal á Riviera Maia?

A Riviera Maia é unha zona turística situada na costa do Mar Caribe no Estado de Quintana Roo en México. Xeográficamente esténdese ao longo de 130 km de litoral, dende a localidade de Puerto Morelos ao norte ata Punta Allen no sur.

Como o seu nome indica, o viaxar ata aquí non é tan só visitar fermosas praias de palmeiras, augas cristalinas e area fina (moitos lugares che ofrecen iso). Na Riviera Maia ademáis podedes disfrutar do xacemento arqueolóxico de Tulum, un antigo porto comercial maia amurallado, nadar con delfíns no acuario natural de Xel-Ha, ou emular a Superlópez explorando os cenotes en El tesoro de Ciuacoatl.

A civilización maia habitou a América central na actual Guatemala e no Iucatán ao sur do México, cunha rica historia de cerca de 3.000 anos, tratándose dunha cultura meso-americana precolombina. Contrariando a crenza popular, o pobo maia nunca “desapareceu”, pois millóns aínda viven na mesma rexión e moitos deles aínda falan algúns dos dialectos da lingua orixinal.

Todo iso podédelo ter ao alcance a uns prezos incribles en Destinia.com. Nesta páxina non podería ser máis fácil comezar a planificar un viaxe, cun buscador por destino e outro por tipo de viaxe.

Ándale, cuates, que tenéis el viaje de vuestra vida al alcance de la mano, no más!

Análise patrocinado: Monster.es

Monster.es estrea novo portal de emprego con moitas novidades. E faino da man dun xenial vídeo anuncio que está arrasando na rede. A mensaxe da campaña non podería ser máis vitalista: “Existe un emprego perfecto para cada persoa”.

O novo portal mellorou en usabilidade, proporciona numerosas ferramentas aos candidatos de cara a facilitar a búsqueda de emprego, así como o seguemento de ofertas. As principais novidades son:

  • Motor de búsqueda máis potente e específico.
  • Enriquecemento do contido de axuda a candidatos.
  • Introducción de mapas que mostran o lugar da oferta de emprego.
  • Ofertas de emprego de Monster.es dispoñibles dende o móbil (monster Mobile)

Aquí vos deixo unha captura da súa páxina principal, facendo click na imaxe verédela mellor…

Eu, despois de pasarme polo portal, o primeiro que vexo é que o deseño da páxina non me acaba de gustar, non se ve todo a simple vista e hai que facer scroll. Pero en fin, o que se busca nunha páxina así é traballo, non? E só en Galicia ofertan agora mesmo 76 postos de traballo, dende comerciais a enxeñeiros, personal de restaurante, dependientes… E bastante recentes, 13 ofertas colgáronse hoxe, 19 onte…

Pero máis que buscar traballo, o que me chama a atención desta páxina é que che dan a posibilidade de deixar o teu currículo colgado na súa rede, e cando unha empresa busque xente cun determinado perfil que se adapte ao que ti ofreces, atópante con moita facilidade… Ese servizo si que é moi interesante, xa que, que hay de malo en ter o teu currículo a disposición de calquera oferta que se presente? Que non tes curro? Perfecto. Que o tes? Bueno, dependendo das condicións da oferta, pode interesar ou non, pero nunca está de máis…

VuelosBaratos.es – Análise patrocinada

Boas, damas e cabaleiros!! Canto tempo, non si? E que… xa vedes, entre que cuarto de carreira me rouba máis tempo do que tiña pensado, e que me unin a unha nova oleada do fotolog (no cal podo escribir máis a miudo, porque non me impoño uns criterios mínimos de calidade como fago aquí), pois non teño o tempo suficiente para actualizar a un ritmo adecuado…

Pero agora aquí me tedes… escribindo… un artigo patrocinado!! Xa vedes, todo o mundo ten un prezo, o meu… está posto á dereita. Pero veredes, neste tema, son novo e inexperto, así que en principio, non sei como  saldrá, os de vuelosbaratos.com son uns coelliños de indias, non sei si me admitiran unha análise escrita en galego, xa que a web vai dirixida a toda España… Bueno, xa protestarán si eso!! Voume poñer ao lío…

VuelosBaratos.com é un buscador especializado en ofertas de vós de baixo custo. Baséase nunha premisa sinxela e inxeniosa: tí introduces a cidade de orixe e a de destiño, e o día do vó, e xa eles se encargan de buscar nunha serie de páxinas de ofertas de viaxes, de diversas compañías, e dánche unha lista dos resultados, ordeados de menor a maior prezo. Realmente a idea é moi boa… pero eu correxiríalle unhas pequenas pegas:

  • Ten unha opción de comparar con outros medios de transporte (tren, bus, ferry…), que sería xenial se funcionase. Pero, por exemplo, desde A Coruña, non colle ningunha opción alternativa ao avión para ir a Madrid. Pero… é que tampouco ofrece alternativas para un viaxe A Coruña-Vigo!! Sei que é unha páxina que se especializa nos vós, pero, se ofrecedes unha opción, asegurádevos de que funciona… Só conseguin que funcionase para un traxecto, Madrid-Barcelona.
  • Si se lle pon un viaxe pouco común, como destino as Illas Vírxenes ou as Maldivas, non atopa nada.

Sen embargo, a idea é boa, e tamén me gusta a interface que diseñaron, con Google Maps integrado para buscarse aeroportos alternativos pola zona… Ademáis, pódese filtrar a búsqueda, iniciar unha nova desde os resultados… É unha boa iniciativa, quitándolle eses pequenos detalles, a páxina presta un servicio interesante, novedoso… Traballando un pouco, poden convertirse nunha referencia no mundo dos viaxes “low-cost” en España.

E nada máis, xa completei o mínimo de palabras, así que… Boa viaxe!!


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,334 (de momento...)
tracker

Arquivo