Archive for the 'Series' Category

Premios Emmy: Vamos facer quiniela

Candidatos ao EMMY como Mellor Comedia

Curb Your Enthusiasm
Entourage
Family Guy
Flight of the Conchords
The Office
Pushing Daisies
30 Rock
Two and a Half Men
Ugly Betty
Weeds (*)

Candidatos ao EMMY como Mellor Drama
Boston Legal
Damages
Dexter
Friday Night Lights
Grey’s Anatomy
House
Lost (*)

Mad Men
The Tudors
The Wire

Marcados cun asterisco están as miñas apostas, agardo os comentarios coas vosas…

Review: Carnivàle

Before the beginning, after the great war between Heaven and Hell, God created the Earth and gave dominion over it to the crafty ape he called Man. And to each generation was born a creature of light and a creature of darkness. And great armies clashed by night in the ancient war between good and evil. There was magic then, nobility, and unimaginable cruelty. And so it was until the day that a false sun exploded over Trinity, and man forever traded away wonder for reason.

Así comeza Carnivàle, unha serie impresionantemente ben ambientada nas Dust Bowl, na época da Gran Depresión, nos USA. Centrándose en dous grupos dispares de xente, uns feriantes, e unha congregación cristiá, a serie ideada por Daniel Knauf trata a batalla entre o ben e o mal, a discusión entre destino e libre albedrío; a mitoloxía da serie, sen poñerme a explicala (non podería inda que quixese!!) mistura teoloxía cristiá con agnosticismo e masonería. Incluso trata o concepto de avatares (AVATARA) da mitoloxía hindú.

Pensada como serie formada por 3 “libros” de 2 tempadas cada un, o seu elevado presuposto, de 3’5 a 4 millóns de dólares por capítulo, fixo que HBO, a productora que posúe os seus dereitos, cancelase a serie cando só se tiña emitido o primeiro ciclo.

As dúas tempadas emitidas, situadas nos anos 1934-35, tratan dúas liñas argumentais que van pouco a pouco converxendo.

A primeira trata dun xove con estraños poderes curativos, chamado Ben Hawkins, que se une á feira ambulante ao seu paso por Milfay, Oklahoma. Pouco despois, Ben comeza a ter pesadelos e visións, que o poñen no rastro dun home chamado Henry Scudder, un vello borracho que pasou un tempo na mesma feira, anos antes, e que aparentemente comparte as habilidades de Ben.

A segunda liña argumental conta a historia do irmán Justin Crowe, un pastor metodista que vive coa súa irmá en Mintern, California. Comparte os pesadelos de Ben, e pouco a pouco descubre en sí mesmo o poder de doblegar a vontade de calquera á súa propia, mediantes horribles visións que mostran as peores maldades da xente. Convencido de que está a realizar a labor de Deus, o irmán Justin entrégase á súa labor relixiosa, sen darse conta de que o seu inimigo Ben Hawkins e a feira se están achagando pouco a pouco.

A miña crítica persoal: unha serie impresionante, un “must-see” en toda regra. Un argumento que mezcla o drama cotidiano da crise americana cunha mitoloxía críptica e elaborada, e con feitos paranormais, que te vai absorvendo ata terte metido na historia. 24 capítulos de 45-55 minutos de duración, que te enganchan e te deixan en vilo ata que ves o seguinte… Uns personaxes ben definidos, cada un coa súa historia propia: Samson, Jonesy, Sofie, Lodz, Rita Sue… Iris, Norman, Tommy Dolan… A única “pega”: que non continuasen coa serie. Pero eso si, mellor dala por rematada ao final dun ciclo (que finalazo!!) que forzar a historia para abaratar costes…

A vida é como unha caixa de bombóns…

Life is like a box of chocolates. A cheap, thoughtless, perfunctory gift that nobody ever asks for. Unreturnable because all you get back is another box of chocolates. So you’re stuck with this undefinable whipped mint crap that you mindlessly wolf down when there’s nothing else left to eat. Sure, once in a while there’s a Peanut Butter Cup or an English Toffee. But they’re gone too fast and the taste is… fleeting. So you end up with nothing but broken bits filled with hardened jelly and teeth-shattering nuts. And if you’re desperate enough to eat those, all you got left is an empty box… filled with useless brown paper wrappers.

————————

A vida… é como unha caixa de bombóns. Un regalo barato, anodino e superficial que ninguen desexa recibir. E se o queres devolver, recibes a cambio outra caixa de bombóns. Veste atrapado con esas porquerías recheas de menta, que devoras cando non hai outra cousa que comer. Xa, de cando en vez atopas algún recheo de améndoas, ou de toffe, pero esgótanse rapidamente, e o seu sabor é efímero. Ao final tan só tes bombóns roídos, de noces, que che desfan os dentes se a desesperación che leva a comelos tamén. Ao final quedas cunha caixa baleira, chea de inútiles envoltorios.

[“O Fumador“, personaxe de Expediente X]

Continuar lendo ‘A vida é como unha caixa de bombóns…’


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,334 (de momento...)
tracker

Arquivo