Archive for the 'USA' Category

Predicción

Jamal Crawford xogou 60 minutos e non fixo ningunha falta (3 prórrogas), cando 3 compañeiros se foron ao banco antes de tempo: dentro de 10 anos, no baloncesto NBA haberá equipo de ataque e de defensa, como no fútbol americano.

Advertisements

O Five Corners dos Simpson… non existe

– No hemos estado el suficiente tiempo en 5 estados diferentes?
– No. 

Todos recordamos esta conversación entre pai e filla mentres estaban parados no monumento “Five Corners“, no cal se tocan nun único puntos cinco dos Estados de Estados Unidos… ou eso afirman na serie.

A realidade é que non existe ningún lugar no que converxan as fronteiras de cinco dos estados. Pero é certo que existe un monumento, chamado “Four Corners, moi similar ao que sae na serie; a única diferencia é que son catro os estados que se tocan, e non cinco. E estes son: Arizona, Utah, Colorado, e New México. Lástima que este en medio da nada… bueno, está nunha reserva Navaja

 

4 de xullo de 1976

Vídeo que nos chega cuns 32 anos e 4 días de retraso… pero cunha estética setentera e psicodélica realmente impresionante.

Estou comezando as vacacións, así que debería ter máis tempo para postear, e así “parir” cousas mellores que ésta, pero… a procrastinación non coñece épocas estivais.

Yippie Kay Yay America!!

John McLane, presidente.

Demostrando empíricamente a selección natural

Leo en 20minutos:

Alomenos 82 rapaces estadounidenses morreron desde 1995 por participar no xogo da asfixia ou ‘choking game‘, no que tratan de experimentar un momento de ensoñación ao cortar o paso de osíxeno ao cerebro. Un 87% dos falecidos eran varóns de entre 11 e 16 anos, que se afogaron a sí mesmos buscando acadar un breve estado de euforia causodo por unha hipoxia cerebral.

Queda patente a supervivencia dos máis aptos… perdón, quería dicir a desaparición dos máis imbéciles.

Todo é meirande en Texas

Con 678.051 km², Texas é o maior dos 48 “estados contiguos” de USA (só o supera Alaska en extensión). Cunha poboación de máis de 23 millóns, tan só California está máis poboado. E hai máis datos que fan que Texas destaque entre os demáis…

  • Foi unha república independente durante case unha década antes de unirse á Union en 1845. (O pequeno Vermont tamén foi independente algo máis dunha década, e California tamén, inda que tan só un mes).
  • Os escolares texanos rinden unha homenaxe diaria á bandeira do estado, co saúdo: “Honor the Texas flag; I pledge allegiance to thee, Texas; One state under God; One and indivisible.”
  • A primeira palabra pronunciada dende a Lúa, o 20 de xullo de 1969 foi Houston.
  • O “King Ranch” en Texas é maior que todo o estado de Rhode Island.
  • A cúpula do Capitolio Estatal de Texas, en Austin, é 7 pés máis alta cá de Washington D.C.

Non é de extrañar que o eslogan turístico do estado seña: “It’s like a whole other country“. Ou que a xente do “Lone Star State” presuman de que “Everything’s bigger in Texas.”

Pero aparentemente, non é o suficientemente grande, de acordo con esta postal de mediados dos 50. Unha Texas esaxerada ocupa toda a parte central dos US, deixando aos demáis estados encollidos e con nomes ridículos:

Washington: Wash Tin
Oregon: All Gone
California: uninhabitable
Idaho: Hi Ho
Utah: You Saw
Nevada: Never Add
Arizona: Arid Zone
New Mexico: New Mix (Hiccup)
Montana: Mount Annie
Colorado: Color Radio
Wyoming: Why Home In
North Dakota: North Colder
South Dakota: The Cold (South)
Nebraska: Knee Grass
Kansas: Can This
Oklahoma: Okay?
Minnesota: Mint Soda
Iowa : Out-A-Way
Missouri: Misery
Wisconsin: Wise Cousin
Illinois: Ill Noise
Michigan: Miss Again
Indiana: Indian Annie
Arkansas : Arch Insult
Ohio: Old High
Kentucky: Canned Turkey
Tennessee: Ten Seeds
Louisiana: Lousy Annie
Mississippi: Miss-Is-Yippi
Alabama: All Mammy
North Carolina: North Carol’s Line
South Carolina: South Carol’s Line
The New England states (xunto con New York, New Jersey, Philadelphia e parte de Canadá): “Damned Yankee” Land
West Virginia: West Gin
Maryland: Snafu
Georgia: Judgy
Florida: Swamp Land

Como nota aparte do artigo (de strange maps), gustaríame recalcar que estes días estou a ver a serie Carnivàle, na cal o Texas rural occidental ten bastante peso, como escenario para acontecementos clave na serie (que por suposto recomendo)

“Porcozilla”

“Hogzilla” é o nome que lle deron a un porco salvaxe que cazaron nun coto privado en Alapaha, Georgia, o 17 de xuño de 2004. O home que o matou, Chris Griffin, decía que medía 3.6 metros de longo, e que pesaba 450 quilogramos. Inicialmente considerouse un “bulo”.

A comezos do 2005, “científicos” desenterraron o grandioso animal, para estudiar os seus restos para un documental da “National Geographic“. Ditos “especialistas” deron como resultado do seu estudio as medidas reais da besta: uns 360 kg de peso, e entre 2.25 e 2.5 metros de longo. “Hogzilla” era metade cocho doméstico (da raza Hampshire) e metade xabarín. A pesar de que en realidade non medía tanto como afirmaba Chris, comparado coa maioría dos seus conxéneres, era un porco formidable.

Dacordo cos resultados dados polos examinadores, os colmillos de “Hogzilla” medían 46 centímetros, un novo récord nos Estados Unidos.

Continuar lendo ‘“Porcozilla”’


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,360 (de momento...)
tracker

Arquivo