Archive for the 'Xeografía' Category

O Five Corners dos Simpson… non existe

– No hemos estado el suficiente tiempo en 5 estados diferentes?
– No. 

Todos recordamos esta conversación entre pai e filla mentres estaban parados no monumento “Five Corners“, no cal se tocan nun único puntos cinco dos Estados de Estados Unidos… ou eso afirman na serie.

A realidade é que non existe ningún lugar no que converxan as fronteiras de cinco dos estados. Pero é certo que existe un monumento, chamado “Four Corners, moi similar ao que sae na serie; a única diferencia é que son catro os estados que se tocan, e non cinco. E estes son: Arizona, Utah, Colorado, e New México. Lástima que este en medio da nada… bueno, está nunha reserva Navaja

 

Reflexión xeográficolímpica

¿Por qué hay 204 delegacións competindo nestes Xogos Olímpicos?

Como todo o mundo sabe (si se molesta en buscalo), a ONU consta actualmente de 192 membros. A eses podemos engadir Estados que non son membros da ONU pero están prácticamente recoñecidos a nivel internacional:

É dicir, que podemos soster con bos argumentos que oficialmente existen 195 Estados. Destes, hai 3 que non participan: Vaticano, que por razóns obvias nin se plantexa crear un comité olímpico; Kosovo, que non tivo tempo de organizar un comité olímpico nacional (unha independencia unilateral leva o seu tempo), e Brunei, que inda que ten comité olímpico e xa participou noutras edicións, finalmente non enviaron a ninguén a Beijing. De feito, o de Brunei é o único Cómite Olímpico que non presenta delegación a estes xogos.

O resto de Estados si participan, inda que algún tivo que pasar polo aro para que os chinos lle deixasen. E con esto temos 192 Estados independentes con participación nos xogos. Polo tanto, temos que o resto de delegacións olímpicas pertencen en realidade a territorios pertencentes a outros Estados, pero aos que se lles permite ter un Comité Olímpico propio, e competir nos Xogos, por diversos motivos, sobre todo históricos, ou xeográficos, máis que políticos:

  • Samoa Americana, territorio de EEUU.
  • Aruba, perteneciente a Holanda.
  • Bermudas, territorio de Gran Bretaña.
  • Islas Vírgenes Británicas, territorio de Gran Bretaña.
  • Islas Caimán, territorio de Gran Bretaña.
  • Islas Cook, autonomía asociada libremente a Nueva Zelanda.
  • Guam, territorio de EEUU.
  • Hong Kong, región especial administrada por China.
  • Antillas Holandesas, territorio holandés.
  • Palestina, territorio no reconocido todavía como país internacionalmente.
  • Puerto Rico, estado libre asociado a EEUU.
  • Islas Vírgenes Americanas, territorio de EEUU.

Benvidos a fronteiras absurdas 01!!

Vexo que compartides as inquedanzas xeográficas que caracterizan a este blog… ou ben, que ledes todo o que escribo; ambos comportamentos me enchen de orgullo y satisfacción.

Hoxe vouvos falar da vila belga de Baarle Hertog, ou da holandesa de Baarle Nassau, ou mellor, da vila de Baarle, no Benelux, porque “auguiña” o que fixeron con este pobo!!

Pero empecemos co básico, por se chegan algúns visitantes dende os US

No norte, e con calzón amarelo, temos a Holanda, tamén coñecida como os Países Baixos pola elevada proporción de ananos na poboación por atoparse gran parte do territorio baixo o nivel do mar.

Ao sur, con calzón verde, o maior inimigo natural dos neerlandeses: os belgas. Ben, en realidade as relacións entre países son máis que cordiais; de feito, media Bélxica é francófona (valóns), e a outra media holandófona (flamencos), co cal hai máis tensións entre eles que cos países veciños; senón, preguntádelle a Miss Bélxica.

Pero estou divagando: vamos, al lío!

Aquí vemos un detalle da fronteira; non aporta nada, salvo para pensar que non é algo artificial, xa que ten formas sinuosas (vamos, que son entidades con certa personalidade, non como Colorado ou Wyoming). Ah, e esa B rebelde que aparece no mapa non se me colou, é para indicarvos onde queda Baarle.Non é algo artificial, eh! As apariencias enganan, e así, achegándonos máis á zona en cuestión empezamos a ver algo curioso…

Parte de Bélxica se mete en Holanda. E diredes: eso está moi visto!! Sen ir máis lonxe, no Condado de Treviño. Vamos, Rama, de verdad pensaches que nos iba impresionar un triste enclave?

Non me subestimedes, e fixádevos mellor no mapa. Non vos déstedes conta de:
a) Non é tan só un enclave grande, senón que hai outros pequenos dispersos pola zona.
b) Un momento: que é eso en laranxa que aparece dentro da zona verde?

Os que se decataron do apartado b) antes de leelo, noraboa. Así, facendo unha aproximación inda maior… (Si, xa sei que non vos gusta un pelo a miña forma de narrar achegándome ao punto desde arriba, pero polo menos esto curreimo máis que Huacachina, son algo máis que burdas capturas de Google!). En fin, ao que íbamos:

Benvidos a Baarle, amigos; unha vila nin holandesa nin belga, senón todo o contrario. Explicación:Esta fronteira estableceuse no Tratado de Maastricht en 1843 (si, Maastricht ten tradición para firmar cousas…).

Na zona de Baarle, foi imposible chegar a un acordo, e así, entre unhas fronteiras ben definidas nas zonas contiguas, aos habitantes da vila deixáronlles escoller; é dicir, dividiron o seu territorio en 5732 parcelas, e cada unha elexía independentemente a súa nacionalidade. Eso deu lugar a cousas realmente curiosas, como esta:

Para os que realmente vos interese o máis mínimo o tema, aconséllovos seguir estes dous enlaces:

·A fonte da miña humilde anotación, en inglés.
·A zona vista en Google Maps.

Un novo país ex-Iugoslavo: e xa van…

escudo_kosovo.jpgOnte, día 17 de febreiro de 2008, un novo Estado proclamou a súa independencia: Kosovo.

Famoso a finais dos noventa pola intervención da OTAN, a meirande parte da xente non coñece máis sobre o territorio. Así que hai vou, a intentar dar unha idea xeral…

bandeira_kosovo.jpgEste novo Estado ocupa unha superficie de 10.887 quilómetros cadrados, en torno á fronteira serbio-albanesa. Nel viven uns 2,2 millóns de persoas, e a súa capital é Pristina.

Históricamente este territorio asóciase con ser a orixe do pobo serbio; polo tanto, na época da gran Iugoslavia como país único, recoñecéranlle certa autonomía e privilexios, nomeándoa Provincia autónoma socialista de Kosovo. Trala guerra de Iugoslavia e a súa disgregación, pasou a formar parte da República Federal de Iugoslavia, chamada posteriormente Serbia e Montenegro, e dende o 2006, Serbia por unha banda e Montenegro pola outra.

mapa_kosovo.jpgPois ben, Kosovo, durante o goberno de Slovodan Milosevic da RFI, veu como se reducía a súa autonomía e se intentaba introducir no territorio a colonos de orixe serbio, para aumentar a súa proporción respecto aos maioritarios albaneses. Esto ocasionou anos de tensión e conflictos separatistas, ata que no ano 1999 estalou a Guerra de Kosovo, entre a RFI e as tropas da OTAN en apoio do pobo albanokosovar.

Coa fin do conflicto, Kosovo quedaba de novo legalmente baixo dominio serbio, pero de facto o goberno recaia en mans da UNMIK, administración provisional de Nacións Unidas para a zona.

E logo de anos de disputas e negociacións, Kosovo proclamou unilateralmente a súa independencia, e ainda que foi aceptada por varios países e organizacións como os Estados Unidos ou a Unión Europea, Serbia inda non recoñece o novo Estado. Por certo, da nova bandeira non deberon imprimir ainda moitas copias, xa que ben vedes con cal celebraban a súa independencia…

celebracion_independencia_kosovo.jpg

Bueno, diredes: Eslovenia, Croacia, Bosnia, Serbia, Montenegro, Kosovo, e Macedonia. Xa non quedarán máis países por aparecer, verdade? Eu só direi unha cousa: Voivodina. Só hai que darlle tempo…

Para que logo anden dicindo que se rompe España.

O oasis de América?!

Vexo no Daily Mail un artigo sobre este lugar…

Huacachina, coñecido como o Oasis de América (pois non hai máis en todo o continente), publicítase como “un faro de verde oculto en medio de centos de quilómetros de deserto”.

Entre as ardentes areas do deserto no sur do Perú destaca este pequeno asentamento, duns 100 habitantes permanentes, cunha lagoa, exuberantes palmeras… Viven do turismo, con visitantes de todo o mundo que se achegan para facer “sandboard” e outros deportes de risco, relaxarse á sombra das palmeiras…

As súas augas proceden dun río subterráneo, e conteñen presuntamente propiedades medicinais. Hoxe en día, sen embargo, esta pequena comunidade no sur do país está gravemente ameazada. O oasis está a piques de secarse, pois a cidade cercana de Ica, cunha poboación duns 200.000 habitantes, explotan o río subterráneo como suministro de auga potable…

Hey!! Pero… espera un pouco… non eran un “faro de verde” entre centos de quilómetros de deserto? Entón como é que teñen cerca unha cidade? Vamos a ver que nos conta Google Maps.

Xulgade vos mesmos se este lugar é digno de chamarse Oasis das Américas…

A cidade amurallada de Kowloon

En 1842, cando China cedeu a illa de Hong Kong ás autoridades británicas, reforzou a presencia militar na zona, amurallando un pequeno forte na península de Kowloon, que fora contruido no século anterior para evitar incursións piratas.

En 1899, un novo tratado fixo que gran parte da costa cercana á illa pasase tamén a control inglés; sen embargo, o documento excluía o forte, que seguía baixo control chinés. Así, o goberno da dinastía Qing seguía mantendo un pequeno espacio dentro do territorio colonizado, de tan só uns 200 x 100 metros.

Máis tarde, en 1911 coa caída da dinastía e a proclamación da República, as autoridades chinesas despreocupáronse, e a zona pasou a ser “unha mostra da China tradicional” para os turistas que se achegaban a Hong Kong. Ainda que seguía baixo dominio teórico de China, foi deixada á súa sorte; cando os británicos pretenderon tomar o control, os seus habitantes impedírono ameazando cun conflito diplomático.

Esta situación mantívose ata a Segunda Guerra Mundial, na cal o enclave foi conquistado polos xaponeses, quenes derribaron gran parte do mesmo, así coma a muralla, para conseguir material co que construir o cercano aeroporto Kai Tak. Os habitantes orixinais abandoaron, por suposto, o barrio, xa que, os que inda tiñan casa, non o atopaban confortable (a presencia do aeroporto estropeaba o diseño dacordo á filosofía Zen do asentamento).

Sen embargo, trala rendición de Xapón, o territorio volveu a ser unha incógnita: oficialmente en mans de China, a policía de Hong Kong non se atrevía a entrar, e ante esta situación, converteuse nun “burato negro diplomático”, e a el chegaron refuxiados que fuxían da fame na China Comunista, fundada no 1949. Era un paraíso no que podían vivir entre iguais, sin ser censados, sin pagar impostos, sin goberno algún.

Desafortunadamente, esa situación de “limbo” tamén atraía a okupas, drogadictos, e mafias, que abriron burdeles, fumaderos de opio, casas de aposta… As Tríadas fixeronse fortes, e tiveron o control da zona ata os 70, mantendo atemorizados aos veciños, e impedindo a chegada de visitantes. Cando a situación se fixo insostíbel, a policía de Hong Kong combatiuna, entrando á forza na cidade (aproveitando un incendio) e desmantelando as organizacións mafiosas.

Coa derrota das Tríadas, o control pasou a ser soamente dos cidadáns, e as únicas preocupacións, obter auga (de pozos), electricidade (pinchando a rede eléctrica de Hong Kong), traballo (apareceron fábricas clandestinas, restaurantes, dentistas coa calificación chinesa de antes da Revolución e que non podían permitirse a licencia na metrópole colonial, mercados que abastecían de comida, escolas…). Surxiu unha comunidade libre, anárquica, relativamente autosuficiente…

E a poboación medrou espectacularmente. Así, dado que non se podía construir fora do territorio orixinal (equivalente a tres campos de fútbol), a comunidade iría expandíndose cara arriba e achicando as súas calles máis e máis, entrelazándose edificios construidos e reformados sen control algún, ata formar unha única macroestrutura, monolítica. Literalmente convertiuse nun laberinto de corredores a distintas alturas.

Con 50 mil habitantes e 0.026 Km2 de extensión, Kowloon rexistraba o récord de densidade de poboación: 1,9 millóns de habitantes por quilómetro cadrado (dúas personas por metro cadrado!!).

Sen embargo, cando máis próspera era a extraña comunidade, o goberno chino e o colonial acordaron por fin unha medida a tomar co outrora forte: destruilo. Non podían permitir unha comunidade tan grande de persoas vivindo á marxe de calquera lei, cun nivel de vida tan baixo e unhas condicións sanitarias tan precarias. Entre o 1992 e o 1993 evacuaron a cidade e reubicaron a poboación, indemnizándoos xenerosamente, e no 1993 volárona. No seu lugar situouse o “Kowloon Walled City Park“, no que se poden atopar algúns restos a modo de monumento.

A continuación déixovos unhas fotos do barrio nos anos 80 e comezos dos 90, así como un vídeo, para facervos mellor a idea de superpoboación do lugar.

Fontes: 1, 2, 3

Vida subterránea en Montreal

Montreal, maior cidade do Quebéc, no sur de Canadá, non destaca polo seu clima precisamente, como xa vos poderíades imaxinar. Os -20ºC de media no inverno farían imposible unha calidade de vida aceptable… en condicións normais. Nembargantes, a cuarta maior poboación francófona do mundo está moi ben preparada ante tan crudas condicións. E é que en 1962 comezouse a construir o que se deu en chamar “ville intérieure” ou Réso, a máis ampla rede de galerías do mundo, na cal se atopan varias universidades, 11 estacións de metro, 7 grandes hoteis, 62 inmobles, 2727 casas e 1800 comercios.

Esta “cidade baixo a cidade” está constituida por 32 kms. de galerías repletas de tendas, un parque de atraccións, cines, teatros, museos, edificios de oficinas, parkings… todo enmarcado nun ambiente luxoso, envolto nunha paisaxe artificial de lagos, xardíns e fontes que fan olvidar os metros de terreo que hai por riba. Polas súas 160 entradas diferentes pasan cada día 500.000 persoas.

Moitos cidadáns de Montreal optan por vivir nun apartamento ou vivenda subterránea, que iluminan con luz natural a través de claraboias e teitos acristalados, e converten os 12 km² da “ville intérieure” na súa única cidade durante o largo periodo invernal. En Mont-Royal (nome orixinal) están tan orgullosos da súa cidade subterránea que celebran a “la Fête du Montréal intérieur et souterrain” e organizan unha maratón polas súas laberínticas galerías.

A continuación, un vídeo sobre a vila subterránea.

Visto en ovejas eléctricas.


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25,341 (de momento...)
tracker

Arquivo