Archive for the 'Simpsons' Category

O Five Corners dos Simpson… non existe

– No hemos estado el suficiente tiempo en 5 estados diferentes?
– No. 

Todos recordamos esta conversación entre pai e filla mentres estaban parados no monumento “Five Corners“, no cal se tocan nun único puntos cinco dos Estados de Estados Unidos… ou eso afirman na serie.

A realidade é que non existe ningún lugar no que converxan as fronteiras de cinco dos estados. Pero é certo que existe un monumento, chamado “Four Corners, moi similar ao que sae na serie; a única diferencia é que son catro os estados que se tocan, e non cinco. E estes son: Arizona, Utah, Colorado, e New México. Lástima que este en medio da nada… bueno, está nunha reserva Navaja

 

Minutos Musicais (e van…)

-Señora jueza, si me permite cantar una estrofa de “no temas a la parca”…

-Conozco la discografía del grupo, señor Simpson!

Blue Öyster Cult – (Don’t Fear) The Reaper

Continuar lendo ‘Minutos Musicais (e van…)’

Spider-Cerdo strikes back!!

Este fin de semana estiven nunha remota aldea da Pontenova, sen acceso posible á Internet. Unha vez volvín á civilización, comprobando as esadísticas deste blog, levei unha grata sorpresa… Superei as 2000 visitas! E cun bo ritmo, se o comparamos coa media de agosto, que non supera as 15…

31 de agosto : 103 visitas

1 de setembro : 77 visitas

2 de setembro : 88 visitas

E a tendencia parece continuar… O motivo? Vexo que os “Search Engine Terms”, os termos cos que chegan a min aqueles que proceden de buscadores, son básicamente Spider Pig e os seus derivados… Máis dun mes despois do seu estreo, a que pode deberse este novo aluvión?

Pois ben, investigando, resulta que o 30 de agosto a película dos Simpson se estreou en Grecia… por algunha extraña coincidencia do destino, os “googlers” gregos chegan fácilmente ao meu humilde blog… Pois ben, so teño unha cousa que dicir: Σας ευχαριστούμε

E nada máis, a esperar aos italianos do 14 de setembro… e aos nipóns en marzo!!

Febre Marela

Hoxe, día 25 de Xullo, celébrase en toda Galiza o día de Santiago, día da Patria, ou como quieran chamarlle. O caso é que é festivo… Ademáis, en “Santiago de Foz” (Nome real da parroquia, ainda que o patrón é San Lourenzo, cousa que explicarei noutro momento) é doblemente festivo.

Por ese motivo, e por causas do meu “metasonismo acelerado” (tendencia a durmir pouco) esta mañá estouna perdendo en actividades absurdas. Unha delas, en Simpsonizarme, cousa que non debera facer baseándome nunha foto recén levantado, feita co movil… pero xa me coñecedes.

Por outra banda, mañá é a estrea da película da que seguramente xa leístedes algo anteriormente no blog, e necesitaba un atuendo apropiado para lucir no messenger.

O resultado… francamente decepcionante. O parecido deixa bastante que desexar. Xuzgade vós mesmos…

Parón/Spider Cerdo

Amigos, tralo parón obrigado pola presenza, este ano bastante accidentada, en Ortigueira, volvo a Foz, e volvo ao blog. Máis como o meu portátil sufre unha grave falta de alimentación, non postearei desde el, e polo tanto, por comodidade… non postearei.

Tranquilos, as pezas defectuosas (batería e fonte de alimentación) xa están encargadas, espero que nuns días as recupere, e este curruncho da blogosfera volva a ser o mesmo… quizáis xa con 1000 visitas no seu haber?

Para que as búsquedas de google me axuden un pouquiño na miña ausencia, introducirei as palabras máxicas de todo blogger: COLEGIALAS CACHONDAS.

E ademáis, o que todos agardábades: a traducción do último trailer da película dos Simpson ao castelán. Como será a versión do “gag” que marca estes días a portada do noso benquerido “Rama HAPPENS”?

Quedan 4 semanas e 4 días…

Continuar lendo ‘Quedan 4 semanas e 4 días…’

Declaración de principios

– ¡Basta, Homer! Renuncia a tu absurdo plan azucarero.

– ¡Nunca! ¡Jamás, Marge! ¡Me niego a vivir siempre cuesta abajo como tú! Lo quiero todo: aterradores descensos, vertiginosas subidas, relajados intermedios… Sí, es posible que ofenda a unos cuantos remilgados con mi descarado porte y olor almizcleño; ¡oh!, nunca seré el ojito derecho de los llamados padres de la patria, que chasquean la lengua, mesan sus barbas y se preguntan qué pueden hacer con Homer Simpson. ”

[The Simpsons]


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Visitas

  • 25.665 (de momento...)
tracker

Arquivo